RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Mauro Valeiro e a selección española sub-17 conclúen este sábado 21 ante Turquía a Rolda 2 de clasificación para o Europeo

CANTERA · 20 MARZO 2026

MAURO VALEIRO E A SELECCIÓN ESPAÑOLA SUB-17 CONCLÚEN ESTE SÁBADO 21 ANTE TURQUÍA A ROLDA 2 DE CLASIFICACIÓN PARA O EUROPEO

-Foto:Mauro Valeiro (na foto co dorsal 8) está concentrado coa selección española sub-17 na Rolda 2 de clasificación para a Fase Final do Campionato de Europa da categoría.Os rivais son Irlanda del Norte, Escocia e Turquía.O terceiro e último encontro para os españois, que suman 6 puntos de 6 posibles, será este sábado 21 de marzo ás 15:00 ante Turquía en Solitude (Belfast).Até o momento, Mauro Valeiro foi titular ante Irlanda do Norte (2-0); e tamén participou ante Escocia (3-0), neste caso ao relevar a Ian Mencía no minuto 81.O calendario de Mauro Valeiro, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Domingo 15 de marzoESPAÑA 2 - IRLANDA DEL NORTE 0Mércores 18 de marzoESPAÑA 3 - ESCOCIA 0Sábado 21 de marzo15:00: TURQUÍA - ESPAÑA, en Solitude (Belfast)O futbolista do Xuvenil A acaba de proclamarse con este combinado nacional campión do torneo internacional no Algarve (Portugal).O centrocampista coruñés, que chegou a ANOSACANTEIRA no primeiro ano de benxamíns na temporada 2017-18, xa sabe o que é ir citado pola selección española sub-15 e sub-16.Mauro Valeiro suma a día de hoxe 20 partidos co Xuvenil A na División de Honra, 15 deles como titular; nos que anotou 2 goles.