RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Nsongo Bil e Bright Ede incorpóranse aos adestramentos do Dépor

DÉPOR · 7 OUTUBRO 2026

NSONGO BIL E BRIGHT EDE INCORPÓRANSE AOS ADESTRAMENTOS DO DÉPOR

Nsongo Bil e Bright Ede foron os protagonistas este mércores 7 de outubro no Dépor Training Center.O dianteiro camerunés e o central polaco regresaron ao traballo ás ordes de Antonio Hidago tras o seu paso polas seleccións camerunesa e polaca sub-21 respectivamente.Bil completou a sesión con normalidade a pesar de que tivo minutos de xogo nos 3 encontros disputados con Camerún nesta xanela de seleccións.Bright, que xogou 90 minutos o pasado luns 5 de outubro en Italia, realizou a activación co grupo e pasou despois a tarefas de ximnasio cos readaptadores físicos.No caso do defensa, este martes 6, á súa chegada á cidade, xa pasou pola instalación branquiazul para recibir tratamento de fisioterapia.Así pois, unicamente faltan por regresar Lucas Noubi e José María Giménez. Ambos teñen previsto chegar á Coruña ao longo do día de hoxe despois de xogar onte martes 6 con Bélxica Sub-21 en Dinamarca e con Uruguai na India respectivamente.Aubameyang está con adestramento personalizado mentres que Marc Casadó e Zakaria Eddahchouri continúan con repouso deportivo.

ferranymartinochoa1007.jpg

Noé, Kevin Sánchez, Ferrán Seco e Martín Ochoa foron os representantes de ANOSACANTEIRA.Tras a activación e un rondo con porterías pequenas, Antonio Hidalgo dispuxo un partido no campo 2 xa orientado ao choque ante a Real Sociedad deste domingo 11 de outubro ás 16:15 (Dazn) en Anoeta.A sesión concluíu con series de partidos reducidos, de alta intensidade.Este xoves 8 de outubro Os Nosos adestraranse de novo a partir das 10:30 no Dépor Training Center.

  • brightede1007.jpg
  • bil1007.jpg
  • ximonavarro1007.jpg
  • danibarcia1007.jpg
  • kevin1007.jpg
  • noe1007.jpg