
DÉPOR ABANCA · 10 FEBREIRO 2026
O DÉPOR ABANCA PROPONSE "TRABALLAR MOI DURO DURANTE A SEMANA PARA TENTAR DARLLES A ANOSAFORZA ESA ALEGRÍA A FIN DE SEMANA" NO PARTIDO ANTE O SEVILLA FC EN ABANCA-RIAZOR
O Dépor ABANCA retoma este mércores 11 de febreiro os adestramentos, en palabras de Fran Alonso, "xa con ganas de empezar a nova semana para tentar facer en ABANCA-RIAZOR algo parecido diante de ANOSAFORZA", en referencia ao partido deste sábado 14 de febreiro ás 16:00 ante o Sevilla FC, retransmitido en directo por Dazn e RTVE.O técnico deportivista confesa que ante o Real Madrid CF, no último partido en casa, "foi moi especial a ovación de ANOSAFORZA a pesar de non conseguir a vitoria. Apreciaron como o tentamos, como sufrimos até o final. Temos moitísimas ganas de facer un bo partido ante un rival que está nun moi bo momento de forma, que está aí arriba".Insiste en "darlles a vitoria á afección e devolverlles ese agarimo que nos mostran"; e promete "traballar moi duro durante a semana para tentar darlles a ANOSAFORZA esa alegría a fin de semana".O Dépor ABANCA atravesa a mellor serie goleadora da temporada, cun total de 12 goles no últimas tres xornadas, confirmando o crecemento ofensivo do equipo neste tramo de competición.Ademais, o conxunto branquiazul asinou co 1-6 ante o Madrid CFF o mellor resultado da súa historia en Primeira División, superando o seu anterior mellor rexistro, establecido na temporada 2020-21 após o 5-1 ante o Sporting Huelva.As Nosas, con 20 puntos, marchan na 11ª posición da táboa.

O corpo técnico dispuxo de 3 sesións matinais no Dépor Training Center con esta planificación:Mércores 11 de febreiro10:45 h.Xoves 12 de febreiro10:45 h.Venres 13 de febreiro11:30 h.Sábado 14 de febreiro16:00: Deportivo ABANCA - Sevilla FC, en ABANCA-RIAZOR


O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...

A RFEF adianta ás 13:00 horas o Fabril - CD Extremadura e fix...

Este venres 16 abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os despachos de b...

Antonio Hidalgo advirte de que en LaLiga EA Sports "todo te p...

Os Nosos, que están «facendo as cousas ben», reciben este ven...

O Dépor ABANCA desprázase este sábado 17 ao País Vasco para o...