
CANTERA · 6 DECEMBRO 2025
O DÉPOR ABANCA SUMA UN PUNTO NA SÚA VISITA AO ATLÉTICO VILLALONGA FF
O Dépor ABANCA sumou un punto ao empatar (0-0) no campo Novo San Pedro ante o Atlético Villalonga FF, en partido correspondente á 12ª xornada no grupo 1º de Segunda Federación.Foi titular Antía Veiga, que acaba de participar coa selección española sub-17 na Rolda 1 do Campionato de Europa de Portugal.Tamén saíron de inicio 3 das 4 futbolistas que sentaron no banco de ABANCA-RIAZOR no partido do primeiro equipo ante o Granada CF e que non chegaron a saltar ao céspede: Carmen Carballada, Michi Apóstol, Lucía Rivas. Sonsoles saltou ao céspede no minuto 72.Pola contra, Redru, que saíu no once do Dépor ABANCA ante as granadinas, foi baixa.Con este resultado, o filial suma 14 puntos na 8ª posición.Dépor ABANCA B: Antía Veiga, Sara Barreda, Noe Mayo (Dunia Dahmouni, min. 76), Michi Apóstol, Carmen Carballada, Sara Cercido, Laura Otero (Valbuena, min. 72), Lucía Rivas, Lucía Mariño, Laura Ruiz (Sonso, min. 72) e Yanís CitoulaO vindeiro sábado 13 de decembro ás 12:00 o Dépor ABANCA B recibe no Dépor Training Center ao Burgos CF.Os resultados até a data do Dépor ABANCA B son os seguintes:Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido -2-) - Madrid CFF B 1Bizkerre Club 0 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 4 (Carmen, Laura Otero, Michi Apóstol e Laura Ruiz) - Atlético de Madrid C 1Real Avilés Industrial 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Michi Apóstol)Deportivo ABANCA B 1 (Redru) - Real Sociedad B 2RC Celta 1 - Deportivo ABANCA B 0Real Racing Club 1 - Deportivo ABANCA B 0Deportivo ABANCA B 0 - SD Eibar B 4Sporting de Gijón 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Laura Ruiz -2-)Deportivo ABANCA B 1 (Laura Ruiz) - Athletic Club B 2Deportivo ABANCA B 0 - Olímpico de León 3Atlético Villalonga FF 0 - Deportivo ABANCA B 0

Despois de visitar o Madrid CFF o sábado 31 de outubro, As No...

O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...

A RFEF adianta ás 13:00 horas o Fabril - CD Extremadura e fix...

Este venres 16 abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os despachos de b...

Antonio Hidalgo advirte de que en LaLiga EA Sports "todo te p...

Os Nosos, que están «facendo as cousas ben», reciben este ven...