
DÉPOR · 17 ABRIL 2026
OS NOSOS ACELERAN A PREPARACIÓN DA VISITA DO CD MIRANDÉS A ABANCA-RIAZOR "CENTRADOS NO NOSO PARTIDO"
Antonio Hidalgo acelera a preparación do partido que pecha a xornada da fin de semana en LaLiga Hypermotion o luns 20 de abril ás 20:30 (LaLiga TV Hypermotion) ante o CD Mirandés.Neste sentido, Dani Barcia pediu este mediodía na sala de prensa do Dépor Training Center "estar centrados no noso partido".O central coruñés lembra que a semana é "longa como fai moito que non tiñamos esta temporada. A min non me gusta porque se fai bastante longo. Temos que adaptarnos".No entanto, asegura que "necesitamos preparar o partido, ir cada día adestrando, ver comó xogan eles, como xogamos nós; e iso é o que nos dá ese plus o finde para tentar conseguir os 3 puntos".

O corpo técnico dispuxo este venres, após unha activación, unha tarefa de transicións e un ensaio do plan de partido no campo 2.Bil, Noé e Pablo García foron os representantes de ANOSACANTEIRA; mentres que David Mella foi o único futbolista con adestramento personalizado.Este sábado 18 de abril Os Nosos adestraranse de novo no Dépor Training Center a partir das 10:30 horas.


Antía Veiga, xa clasificada para os oitavos do Mundial sub-17...

As Nosas, «preparadas para conseguir a segunda vitoria consec...

Segundo partido consecutivo no campo Arsenio Iglesias para o ...

Abertas este sábado 24 de outubro desde as 11:00 horas os des...

Alberto Rodríguez asegura que «no que nos centramos é na mell...

Manuel Pablo advirte que "temos que subir o nivel nós"