RCDeportivo Logo
https://www.instagram.com/rcdeportivo/https://www.tiktok.com/@rcdeportivohttps://x.com/RCDeportivohttps://www.facebook.com/RCDeportivo/https://www.youtube.com/@rcdeportivo
Resultados da semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 30 con derrota nos cuartos de final da Sanxenxo Cup do San Tirso SD Cadete e San Tirso SD Infantil

CANTERA · 30 AGOSTO 2026

RESULTADOS DA SEMANA EN ANOSACANTEIRA, ESTE DOMINGO 30 CON DERROTA NOS CUARTOS DE FINAL DA SANXENXO CUP DO SAN TIRSO SD CADETE E SAN TIRSO SD INFANTIL

ANOSACANTEIRA continúa inmersa en plena pretemporada cun intenso calendario de amigables agás o Fabril, que comezou a liga en Primera Federación este sábado 29 de agosto no Estadio José Fouto de Mérida.Os fabrilistas caeron por 1-0 cun gol estremeño no minuto 91.Malia a dolorosa derrota, cuxas mellores imaxes podes ver ao pé desta noticia, Manuel Pablo asegura estar "bastante contento co rendemento do equipo".En canto ao resto de partidos, todos xa amigables, este domingo 30 de agosto o San Tirso SD Cadete (na foto principal da noticia) caeu nos cuartos de final da Fase Plata da Sanxenxo Cup e o San Tirso SD Infantil (na foto entre o texto) tamén nos cuartos de final, pero neste caso da Fase Oro.Ademais, na fin de semana destacou a derrota pola mínima (2-1) do Xuvenil A na Magdalena ante o Racing Villalbés de Tercera Federación.Tamén tivo cita o B da Liga Nacional, que non puido co Ural Español CF na Grela: 2-1.Así mesmo, o Cadete goleou en Cedeira ao Racing de Ferrol B xuvenil (0-4) e o Infantil proclamouse subcampión da EF Lalín Cup.Os blanquiazules só foron superados na final polo SC Braga.Hugo Álvarez foi nomeado mellor xogador do torneo.

santirsosdinfantil0830.jpg

Os resultados da semana foron os seguintes:Primera Federación1ª xornada: AD MÉRIDA 1 - FABRIL 0Categoría xuvenilRACING VILLALBÉS (Tercera Federación) 2 - XUVENIL A 1 (Nico Giovanni)(Xoves 27): XUVENIL B 2 (José Quiroga e Gabri) - REAL OVIEDO B 2URAL ESPAÑOL CF 2 - XUVENIL B 1 (Gandarela)Categoría cadete(Martes 25): BERGANTIÑOS CF (xuvenil) 1 - CADETE 3 (Diego Cabana, Carlos Ernau e Javi Barros)RACING DE FERROL B (xuvenil) 0 - CADETE 4 (Álex Vidal -2-, Íker Obeso e Crespo)(Mércores 26 de agosto): SAN TIRSO SD CADETE 0 - BERGANTIÑOS CF 1IV Torneo Sanxenxo CupSábado 29 de agostoPrimera Fase, no campo da Lanzada (Noalla)SAN TIRSO SD CADETE 1 (Iván Gil) - SD COMPOSTELA 1CD CALASANZ 1 - SAN TIRSO SD CADETE 0SAN TIRSO SD CADETE 0 - CORUXO FC 0Domingo 30 de agostoFase PlataCuartos de finalSAN TIRSO SD CADETE 0 - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 0. Nos penaltis: 3-4Categoría infantil(Mércores 26 de agosto): BERTAMIRÁNS FC (cadete) 0 - INFANTIL 2 (Alejandro Astray e Hugo Álvarez)EF Lalín Cup, no Estadio Manuel Anxo Cortizo (Lalín)Sábado 29 de agostoPrimera FaseINFANTIL 1 (Iago Pita) - BERTAMIRÁNS FC 0INFANTIL 2 (Nico Rodríguez e Hugo Pardo) - ATLÉTICO ARTEIXO 0INFANTIL 3 (Hugo Álvarez -2- e Yago Fernández) - ED VAL MIÑOR NIGRÁN 0Cuartos de finalINFANTIL 2 (Hugo Pardo -2-) - PONTEVEDRA CF 0SemifinalINFANTIL 2 (Yago Fernández) - RC CELTA 1FinalINFANTIL 0 - SC BRAGA 2IV Torneo Sanxenxo CupSábado 29 de agostoPrimera Fase, no campo do Revel (Vilalonga)SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Iago Lourido e Mateo Songo'o) - AJ LÉREZ 1RÁPIDO DE BOUZAS 0 - SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Marco e Alberto Novo)SAN TIRSO SD INFANTIL 0 - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 3Domingo 30 de agostoCuartos de finalSAN TIRSO SD INFANTIL 0 - URAL ESPAÑOL CF 1

Real Club Deportivo de La Coruña