
CANTERA · 19 ABRIL 2025
RESULTADOS EN ANOSACANTEIRA FEMININA HOXE SÁBADO, CON GOLEADA DO DÉPOR ABANCA B; E CALENDARIO DESTE DOMINGO, CON CITA COPEIRA PARA O ORZÁN SD SUB-21
Dous partidos de competición oficial xóganse en ANOSACANTEIRA feminina esta Semana Santa.Hoxe sábado 19 de abril, o Dépor ABANCA B, líder da Tercera Federación, goleou por 11-0 ao Real Oviedo B.As branquiazuis, a falta de 2 partidos, avantaxan en 1 punto ao Olímpico de León á fronte da táboa.O outro encontro de competición oficial é da Copa da Coruña. O Orzán SD Sub-21 mídese ao Eirís en oitavos de final mañá domingo 20 de abril ás 16:00 horas.Finalmente o Orzán SD Cadete, que acabou o grupo 1º da Liga Galega na 1ª posición con 57 puntos, disputa aproveitando a Semana Santa o Torneo Copa Máis Enerxía no campo da Madroa en Vigo.Non poderán xogar cos seus equipos Antía Veiga e Claudia Sande, concentradas coa selección española sub-16 para dous amigables ante Estados Unidos en Alicante.O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Terceira Federación28ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 11 (Laura Otero -2-, Michi Apóstol -5-, Paula Monteagudo, Marta Rico, Laura Ruiz e Dunia Dahmouni) - REAL OVIEDO B 0Copa da CoruñaOitavos de final: EIRÍS SD - ORZÁN SD SUB-21, mañá domingo 20 de abril ás 16:00 no Municipal de EirísCategoría cadeteCopa Mais Enerxía, na Madroa (Vigo)Domingo 20 de abrilPrimeira Fase11:00: ORZÁN SD CADETE - JUVENTUD CAMBADOS (campo bancada)12:30: ORZÁN SD CADETE - CALDAS FC (campo bancada)13:15: AS CELTAS - ORZÁN SD CADETE (campo As Celtas)Segundo clasificación os equipos pasan á Fase Final, que arrinca ás 16:00

España, con Mauro Valeiro no banco, cae ante Italia na quenda...

Torneos amigables de ANOSACANTEIRA desde este venres 5 en Vim...

En marcha a 7ª edición do DéporCampus de Maside

Colombia, primeiro rival de Espe Pizarro este venres 5 na Con...

Inês Pereira mídese este venres a Letonia nun partido de clas...

David Domínguez renova polo RC Deportivo ata 2028