
DÉPOR · 17 SETEMBRO 2026
SEGUEN Á VENDA AS ENTRADAS PARA O PÚBLICO PARA O PARTIDO DESTE DOMINGO 20 DE SETEMBRO ANTE O REAL BETIS EN ABANCA-RIAZOR
As entradas para o público para o partido ante o Real Betis do domingo 20 de setembro ás 18:30 pódense adquirir en calquera momento premendo nesta ligazón, ademais de na OAD no seguinte horario: xoves 17 de 9:15 a 13:30 e de 15:00 a 18:00; e venres 18 de 9:15 a 14:00.Os prezos das localidades serán a partir de 60 euros, sempre suxeitos a cambios segundo a dispoñibilidade.Os/as Deportivistas e Deportivistas + teñen un 10% de desconto na compra de entradas.Como o partido foi declarado de alto risco pola comisión estatal contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no deporte, non haberá venda de entradas nos despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor o domingo 20, día do partido, e só se atenderán incidencias.Ademais, xa está operativa tamén a posibilidade de que as socias e os socios liberen os seus asentos no caso de non poder acudir a ABANCA-RIAZOR nesta ligazón.
As portas de ABANCA-RIAZOR abrirán o domingo ás 17:00 horas.

O Dépor repasa o triunfo ante CA Osasuna á vez que avanza na ...

O ex deportivista Javier Manjarín, o actor Tamar Novas ou o e...

O proxecto europeo 'Her Futbol Future' promove unha nova xorn...

Os Nosos, con Marc Casadó no grupo, xa miran ao RCDE Stadium ...

Mario Soriano advirte de que en ABANCA-RIAZOR hai que "conseg...

Suspendido o partido deste xoves 5 de Copa de la Reina do Dép...