
DÉPOR · 29 AGOSTO 2026
UN DÉPOR QUE INSISTE EN «ESTAR CONCENTRADOS EN TODOS OS ASPECTOS» RECIBE O VALENCIA CF ESTE DOMINGO 30 DE AGOSTO ÁS 19:30
O Dépor mídese ao Valencia CF este domingo 30 de agosto ás 19:30 (Dazn) en ABANCA-RIAZOR, nun partido correspondente á 3ª xornada de LaLiga EA Sports.Os Nosos chegan ao encontro tras o empate do pasado luns en La Rosaleda ante o Málaga CF e con 2 puntos na clasificación.Antonio Hidalgo lembra a dificultade da categoría e pide «estar concentrados en todos os aspectos. Temos que ser sólidos en defensa, ter ese plus en campo contrario, asentarnos moito máis nese aspecto e xerar un maior volume de ocasións».Adama Traoré, a última incorporación deportivista, perde o encontro.O técnico deportivista afirmou na sala de prensa do Dépor Training Center que a súa fichaxe «é unha gran noticia para unha posición na que nos vai achegar moitísimo, con esa velocidade, con ese un contra un, con eses espazos. Hai que ter paciencia con el. Acaba de chegar, leva un día connosco e moito tempo sen adestrar cun equipo».Con todo o cadro de xogadores dispoñible, Os Nosos realizaron este sábado 29 unha última sesión de adestramento no Dépor Training Center.O corpo técnico dispuxo, tras unha activación, un exercicio de finalizacións, unha tarefa táctica previa ao partido, fútbol en espazo reducido e un último repaso ás accións a balón parado.Pola súa banda, o Valencia CF, que caeu en Mestalla no seu último partido por 0-1 ante o Real Betis, preséntase en ABANCA-RIAZOR con 1 punto na 15ª posición de LaLiga EA Sports.O club levantinista vén de incorporar o lateral dereito Arnau Martínez e o porteiro Kayne van Oevelen, aínda que perde para ABANCA-RIAZOR a Guido, cunha lesión no cuádriceps.Finalizado o encontro, o Dépor adestrarase de novo o luns 31 ás 10:30 no Dépor Training Center.

As Nosas adéstranse de novo este domingo 30 de agosto ás 11:0...

Un Dépor ABANCA que "fixo moitas cousas ben para gañar" arrin...

O RC Deportivo e os representantes da afección alcanzan un ac...

A RC Deportivo Fundación organiza un obradoiro para potenciar...

Os despachos de billetes do Palacio de los Deportes de Riazor...

Alberto Rodríguez: "Xogamos en ABANCA-RIAZOR, que é unha baza...