
DÉPOR · 13 FEBREIRO 2025
DANI BARCIA RENOVA POLO DÉPOR ATÉ 2028
Daniel Barcia Rama 'Dani Barcia' (19 de xaneiro de 2003, A Coruña) renova co Deportivo até xuño de 2028, con opción a unha temporada máis.O central coruñés chegou ao Dépor na temporada 2011-12, formouse desde o primeiro ano de benxamíns en Abegondo e pasou por todas as categorías inferiores do Club. Debutou en partido oficial co primeiro equipo en Guijuelo, con motivo da Copa del Rey da temporada 2022-23.Dani Barcia, un dos integrantes do xa histórico Xuvenil A campión de España e posteriormente participante na UEFA Youth League, suma 28 partidos oficiais co primeiro equipo, repartidos en LaLiga Hypermotion (11 partidos), Primera Federación (12 partidos), Copa del Rey (3 partidos) e Fase de Ascenso a LaLiga Hypermotion (2 partidos). Ademais, foi internacional coa Selección española Sub-19 en 6 ocasións.

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA feminina, con tr...

Resultados da fin de semana en ANOSACANTEIRA, este domingo 8 ...

Alberto Rodríguez cre que a clave pasa por "ser moi nós en AB...

Inmerecida derrota por 2-1 do Fabril en Getxo ante o Arenas C...

Este luns 9 de novembro abre a OAD no seu horario habitual e ...

O Dépor ABANCA xógase este luns 9 de novembro ás 21.00 horas ...