RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Resultados en ANOSACANTEIRA feminina hoxe sábado, con goleada do Dépor ABANCA B; e calendario deste domingo, con cita copeira para o Orzán SD Sub-21

Dous partidos de competición oficial xóganse en ANOSACANTEIRA feminina esta Semana Santa.

Hoxe sábado 19 de abril, o Dépor ABANCA B, líder da Tercera Federación, goleou por 11-0 ao Real Oviedo B.

As branquiazuis, a falta de 2 partidos, avantaxan en 1 punto ao Olímpico de León á fronte da táboa.

O outro encontro de competición oficial é da Copa da Coruña. O Orzán SD Sub-21 mídese ao Eirís en oitavos de final mañá domingo 20 de abril ás 16:00 horas.

Finalmente o Orzán SD Cadete, que acabou o grupo 1º da Liga Galega na 1ª posición con 57 puntos, disputa aproveitando a Semana Santa o Torneo Copa Máis Enerxía no campo da Madroa en Vigo.

Non poderán xogar cos seus equipos Antía Veiga e Claudia Sande, concentradas coa selección española sub-16 para dous amigables ante Estados Unidos en Alicante.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira Federación
28ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 11 (Laura Otero -2-, Michi Apóstol -5-, Paula Monteagudo, Marta Rico, Laura Ruiz e Dunia Dahmouni) - REAL OVIEDO B 0

Copa da Coruña
Oitavos de final: EIRÍS SD - ORZÁN SD SUB-21, mañá domingo 20 de abril ás 16:00 no Municipal de Eirís

Categoría cadete
Copa Mais Enerxía, na Madroa (Vigo)
Domingo 20 de abril
Primeira Fase
11:00: ORZÁN SD CADETE - JUVENTUD CAMBADOS (campo bancada)
12:30: ORZÁN SD CADETE - CALDAS FC (campo bancada)
13:15: AS CELTAS - ORZÁN SD CADETE (campo As Celtas)
Segundo clasificación os equipos pasan á Fase Final, que arrinca ás 16:00