
DÉPOR · 21 AGOSTO 2025
A ESCOLA DE ADESTRADORES DO RC DEPORTIVO ABRE UNHA CONVOCATORIA EXTRAORDINARIA DE ACCESO AO CURSO DE TÉCNICO DEPORTIVO EN FÚTBOL
A Escola de Adestradores do RC Deportivo (Dépor Coaching Academy), como centro de formación autorizado pola Consellería de Cultura, Educación e Formación Profesional Orde 20 de xullo de 2005 (DOG 2/08/2005), abre unha convocatoria de extraordinaria de acceso ao curso de Técnico Deportivo en Fútbol (nivel 1).A data límite de inscrición é o 9 de setembro e as probas físicas de acceso serán o 16 de setembro ás 10:00 na Cidade Deportiva de Abegondo.Ademais, até o 30 de setembro está aberto o prazo para o curso de Técnico Deportivo (nivel 2) e Técnico Deportivo Superior (nivel 3).A Escola de Adestradores do RC Deportivo, baseada no Método Dépor, ofrece unha serie de importantes vantaxes:-Os títulos son oficiais e ademais homologados pola RFEF con validez tanto nacional como internacional.-As prácticas están garantidas no RC Deportivo.-Acceso a bolsa de traballo no club.-Horario compatible con estudos ou traballo: de 19:30 a 23:10 o luns e mércores; e o sábado de 9:00 a 14:00 (só primeiro trimestre)-Masterclasses con profesionais do Dépor: Massimo Adalberto Benassi, Fernando Soriano, Kevin Cabado...-Carné de abonado gratis para asistir aos partidos en ABANCA-RIAZOR.Están previstos ademais estes descontos:- 5% ao alumnado que valida o bloque común.- 10% abonados e/ou accionistas do Real Club Deportivo.- 15% adestradores/xogadores de clubs con convenio co RC Deportivo.- 30% titulados ou estudantes da Universidade da Coruña (UDC)Inscríbete xa ou pide información enviando un email a [email protected] ou ben chamando ao 689 618 558.Máis información en http://escolaadestradoresrcd.es.

O Dépor Genuine, Torre SD e Real Avilés comparten unha xornad...

A RFEF adianta ás 13:00 horas o Fabril - CD Extremadura e fix...

Este venres 16 abre a OAD de 9:15 a 14:00 e os despachos de b...

Antonio Hidalgo advirte de que en LaLiga EA Sports "todo te p...

Os Nosos, que están «facendo as cousas ben», reciben este ven...

O Dépor ABANCA desprázase este sábado 17 ao País Vasco para o...