
DÉPOR ABANCA · 1 SETEMBRO 2026
AS NOSAS, «CON MOITÍSIMA IGUALDADE ENTRE AS XOGADORAS», POÑEN MANS Á OBRA DE CARA Á VISITA AO UD COSTA ADEJE TENERIFE, PRIMEIRA CITA DE SETEMBRO
As Nosas comezaron este martes 1 de setembro no Dépor Training Center a preparar a 2ª xornada da Liga F, este domingo 6 de setembro ás 12:45 (11:45 hora local) no Heliodoro Rodríguez López ante o UD Costa Adeje Tenerife.Será o primeiro encontro do mes de setembro para un Dépor ABANCA que, segundo asegurou Alberto Rodríguez tras a derrota pola mínima ante o Sevilla FC en ABANCA-RIAZOR no primeiro encontro, "o que ten que ser este ano é equipo".Ademais, o técnico deportivista ve "moitísima igualdade entre as xogadoras. Se o día a día segue sendo igual de bo podemos competir contra calquera".De cara ao encontro en Tenerife, están previstas 5 sesións de traballo, a última delas xa na illa.Son baixa Marisa García e Ainoa Gómez, concentradas coa selección española sub-20 no Campionato do Mundo da categoría.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variacións por razóns técnicas, é a seguinte:Martes 1 de setembro11:00 h.Mércores 2 de setembro11:00 h.Xoves 3 de setembro11:00 h.Venres 4 de setembro11:00 h.Sábado 5 de setembroAdestramento en Tenerife, pendente de hora e lugarDomingo 6 de setembro12:45 (11:45 hora local): UD Costa Adeje Tenerife - Deportivo ABANCA, no Heliodoro Rodríguez López


Resultados deste sábado 10 en ANOSACANTEIRA feminina e calend...

O Dépor ABANCA B golea en Vigo a As Celtas e xa manda en Segu...

Derrota pola mínima do Fabril malia que "volvemos á senda do ...

Resultados deste sábado 10, con derrota pola mínima do Fabril...

Longa fin de semana de descanso para un Dépor ABANCA sen liga...

O Dépor afronta o regreso á liga este domingo 11 de outubro a...