
FUNDACIÓN · 19 MAIO 2025
EMOCIONANTE XORNADA EN ABANCA-RIAZOR PARA 250 NENOS E NENAS DA ESCOLA RC DEPORTIVO
Ao redor de 250 alumnos e alumnas pertencentes ás sedes de Alvedro, Zas, Outes, Sada, Colexio Jesuitinas e Diversidade Funcional da Escola RC Deportivo viviron unha emocionante xornada dominical en ABANCA-RIAZOR.A mañá arrincou cunha foto oficial na bancada de Tribuna do estadio.A continuación, os nenos e nenas gozaron dunha visita ao Estadio de ABANCA-RIAZOR. Todos eles sentaron nos bancos, pasaron polo túnel de vestiarios e pisaron o céspede nun emocionante percorrido.

A mañá concluíu coa asistencia ao partido entre o Xuvenil A e o CD Tenerife dos cuartos de final da Copa de Campións.A Escola RC Deportivo está destinada a todos os nenos e nenas entre 6 e 14 anos que desexen complementar a súa formación de maneira máis específica con adestradores da canteira deportivista, independentemente do seu nivel de práctica.Toda a información acerca de tarifas, horarios, que inclúe a actividade, etc... pode consultarse en http://escola.rcdeportivo.es.Para calquera dúbida ou consulta acerca da actividade así como calquera problema co proceso de inscrición poden contactar coa organización no correo electrónico [email protected].


Abertas este sábado 24 de outubro desde as 11:00 horas os des...

Alberto Rodríguez asegura que «no que nos centramos é na mell...

Manuel Pablo advirte que "temos que subir o nivel nós"

Antonio Hidalgo: "Para nós todos os partidos en Primera Divis...

Un Fabril que non quere obsesionarse cos resultados recibe es...

Esixente exame do Dépor este sábado 24 de outubro ás 21:00 no...