
DÉPOR ABANCA · 13 MARZO 2026
FRAN ALONSO: "TEMOS QUE ASUMIR QUE É UN PARTIDO NO QUE IMOS SUFRIR"
Fran Alonso advertiu na sala de prensa do Dépor Training Center que ante o FC Barcelona este domingo 15 de marzo ás 12:00 horas (Dazn, GOL, TEN, TVG e 3Cat) en ABANCA-RIAZOR "primeiro temos que asumir que é un partido no que imos sufrir. Temos que saír ao campo preparadas para sufrir, preparadas para facer moitísimos esforzos, constantes".Do Barça o técnico deportivista recalca que "ten moitísimo ritmo de xogo, os reinicios son moi rápidos, hai moi poucos momentos para descansar; a non ser que teñamos bo trato de balón, posesións longas..."Explica que o Dépor ABANCA "tentará minimizar o seu potencial, que é moi difícil. E logo tentar facerlles dano nas poucas debilidades que teñen. E sobre todo en momentos con balón tentar impor o noso xogo sabendo que é moi difícil".A pesar do reto, "para nós é un partido moi bonito. Estamos a desexar probarnos. Estamos no mellor momento da temporada. Queremos probarnos e que mellor que ante un dos mellores equipos do mundo senón o mellor. Así que estamos con moitísimas ganas de que chegue o partido".

Abertas este sábado 24 de outubro desde as 11:00 horas os des...

Alberto Rodríguez asegura que «no que nos centramos é na mell...

Manuel Pablo advirte que "temos que subir o nivel nós"

Antonio Hidalgo: "Para nós todos os partidos en Primera Divis...

Un Fabril que non quere obsesionarse cos resultados recibe es...

Esixente exame do Dépor este sábado 24 de outubro ás 21:00 no...