
FUNDACIÓN · 28 AGOSTO 2026
A RC DEPORTIVO FUNDACIÓN ORGANIZA UN OBRADOIRO PARA POTENCIAR O BENESTAR PSICOLÓXICO E FORTALECER A RESILIENCIA NO DEPORTE
A RC Deportivo Fundación celebrou no Dépor Training Center un obradoiro sobre ferramentas para potenciar o benestar psicolóxico e fortalecer a resiliencia no deporte.A sesión estivo dirixida por Nikolina Lutovac, exxogadora profesional de balonmán e experta en desenvolvemento do rendemento mental, quen compartiu recursos prácticos e estratexias aplicables ao día a día de deportistas e adestradores.Os participantes viviron unha xornada chea de participación, reflexión e aprendizaxe que axuda a seguir avanzando cara a un deporte máis consciente, saudable e preparado para afrontar os desafíos dentro e fóra do terreo de xogo.Esta actividade forma parte de @gamemind_in_sport, un proxecto europeo do que forma parte a RC Deportivo Fundación, comprometido co benestar psicolóxico e o desenvolvemento integral dos deportistas.

Abertas este sábado 24 de outubro desde as 11:00 horas os des...

Alberto Rodríguez asegura que «no que nos centramos é na mell...

Manuel Pablo advirte que "temos que subir o nivel nós"

Antonio Hidalgo: "Para nós todos os partidos en Primera Divis...

Un Fabril que non quere obsesionarse cos resultados recibe es...

Esixente exame do Dépor este sábado 24 de outubro ás 21:00 no...