
DÉPOR · 7 SETEMBRO 2026
NSONGO BIL, CITADO POR PRIMEIRA VEZ POR CAMERÚN PARA 3 PARTIDOS, 2 DELES CLASIFICATORIOS PARA A COPA DE ÁFRICA
Bil Dornol Nsongo Tonfack (Yaundé, Camerún, o 21 de setembro de 2004), foi convocado por primeira vez pola selección absoluta de Camerún.Los Leones Indomables, alcume co que son coñecidos no mundo do fútbol, disputarán dous partidos clasificatorios para a Copa de África ante Comoras e República do Congo; e un amigable fronte a Costa de Marfil.O calendario de Nsongo Bil con Camerún é o seguinte:Xoves 24 de setembro19:00 (hora local, 21:00 en Galicia): CAMERÚN - COMORAS, en GarouaMartes 29 de setembro20:00 (hora local, 21:00 en Galicia): REPÚBLICA DO CONGO - CAMERÚN, en BrazzavilleSábado 3 de outubroCOSTA DE MARFIL - CAMERÚN, en AbiyanNsongo Bil, que esta temporada debutou en LaLiga EA Sports, acaba de ser premiado pola Asociación de Futbolistas Españoles (AFE) como mellor xogador do grupo 1º de Segunda Federación na temporada 2025-26, malia estar unicamente ás ordes de Manuel Pablo na primeira parte do campionato.O dianteiro camerunés marcou 12 goles, 3 deles de penalti, en 20 partidos antes de dar o salto ao primeiro equipo, co que marcou en LaLiga Hypermotion 6 goles en 17 partidos, os dous últimos en Valladolid, que supuxeron o ascenso.

Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...