
DÉPOR · 24 XULLO 2025
O XUVENIL A SALTA AO CAMPO
O Xuvenil A, vixente campión da División de Honra, arrincou este xoves 24 de xullo a pretemporada ás ordes de Miguel Figueira no campo de herba sintética de Abegondo.Os branquiazuis comezan a liga na División de Honra o vindeiro sábado 13 ou domingo 14 de setembro en Vigo con #ONOSODERBI ante o RC Celta; e concluirá por segunda temporada consecutiva en Nigrán ante o ED Val Miñor o sábado 2 ou domingo 3 de maio de 2026.O primeiro rival na Cidade Deportiva na segunda xornada, o 20 ou 21 de setembro, será o Racing de Ferrol.Á marxe do RC Celta, ED Val Miñor Nigrán e Racing de Ferrol citados anteriormente completan co Xuvenil A este grupo 1º da División de Honra os seguintes equipos: RS Gimnástica de Torrelavega, Real Racing Club, SD Solares-Medio Cudeyo, Bansander, Arosa SC, Atlético Coruña Montañeros CF, CD Lugo, Pontevedra CF, SD Compostela, Real Oviedo, Sporting de Gijón e TSK Roces.

As Nosas retoman os adestramentos tras a xesta ante o Barça e...

David Mella disputa a segunda metade do Albania-España sub-21...

O Dépor arrinca a semana de traballo previa á visita ao Depor...

O Dépor Genuine arranca unha edición máis de LaLiga Genuine M...

A RC Deportivo Fundación participa en Brescia nunha reunión d...

A Xunta Xeral Ordinaria do Real Club Deportivo da Coruña SAD ...