
DÉPOR ABANCA · 29 AGOSTO 2026
UN DÉPOR ABANCA QUE "FIXO MOITAS COUSAS BEN PARA GAÑAR" ARRINCA A LIGA F CUNHA DERROTA POLA MÍNIMA ANTE O SEVILLA FC
O Dépor ABANCA estreou a súa terceira temporada consecutiva na Liga F cunha derrota (0-1) ante o Sevilla FC en ABANCA-RIAZOR este sábado 29 de agosto.Alberto Rodríguez lamentou na sala de prensa o resultado porque o seu equipo "fixo moitas cousas ben para gañar, sobre todo a partir do gol delas".As Nosas chegaban á competición oficial tras un intenso verán de movementos no cadro de xogadoras.En primeiro lugar, o equipo selou a continuidade de Espe Pizarro, Paula Novo, Merle Barth, Redru e Lucía Rivas.Alberto Rodríguez, que se estreou no banco, conta ademais coas novas fichaxes de Andrea Tarazona, Adriana Ranera, Sofía Domínguez, Lucía Pardo, Vega Montesinos, Eva Alonso, Daniela Caracas e Ainoa Gómez; ademais de Inês Pereira e Marisa García, ambas xa en propiedade despois de concluíren as súas respectivas cesións.A elas hai que sumar incorporacións con licenza do B que tamén achegarán o seu gran de area, como é o caso de Paula Hernández, Carla Castyñeiras ou Karla Bermejo.
Foron baixa Marisa e Ainoa Gómez, concentradas coa selección española sub-20 xunto a Merle Barth, con molestias nunha planta dun pé e de Millene, con molestias musculares.
Ante o Sevilla FC Tarazona foi a gardameta titular, con Eva Alonso e Paula Hernández aos mandos do centro do campo. Lucía Pardo converteuse na referencia ofensiva, acompañada pola esquerda por Espe Pizarro.Pola súa banda, o Sevilla FC rematou a temporada pasada na 8ª posición con 41 puntos.Saíu moi ben ao terreo de xogo o conxunto hispalense, que conservou o mesmo bloque das últimas temporadas.O primeiro disparo a porta, aos 2 minutos, foi andaluz. Raquel recibe un balón no segundo pau, pero o seu remate acaba nas mans de Tarazona.Pouco despois, Barrios remata alto na área pequena nunha posición algo forzada.Insistía máis o conxunto sevillista, que se adiantou aos 13 minutos grazas a un remate de cabeza de Kanteh tras un centro lateral desde a banda dereita."Tardamos eses 15, 20 minutos e iso na elite castígate. É a aprendizaxe que temos que meter na mochila", apuntou o técnico do Dépor ABANCA.O primeiro remate deportivista, aos 22 minutos, correu a cargo de Espe Pizarro. Intentou unha volea nunha posición moi forzada tras un centro de Caracas e o balón marchou alto.As Nosas foron entrando no partido.Lucía Pardo, aos 24 minutos, recolle un rexeitamento da defensa sevillista, pero a súa volea marcha lixeiramente alta.Olaya tivo o empate nas súas botas na recta final. Plantouse soa ante Esther Sullastres, pero a porteira sevillista sacou o seu disparo cunha gran parada.Chegouse ao descanso co 0-1.Tras o paso polos vestiarios, Michi Apóstol substituíu a Lucía Rivas, pero o Sevilla FC volveu saír forte.Gemma dispara ao longueiro un balón imposible para Tarazona.Respondeu o Dépor ABANCA cun man a man de Michi Apóstol no minuto 58 que volveu gañar Esther Sullastres."Cos axustes que fixemos puidemos atopar os espazos que queriamos", apuntou o preparador blanquiazul.O partido estaba aberto na recta final.As Nosas lanzáronse a polo empate coa entrada de Vega, Redru, Eva Dios e Paula Novo; e por momentos encerraron o Sevilla FC na súa área, aínda que sen ocasións claras."Quizais polas présas faltounos esa precisión no último pase. En liñas xerais creo que o partido foi bo. Mágoa deses 15 minutos nos que nos custou entrar e que nos custaron o partido", concluíu Alberto Rodríguez.Deportivo ABANCA: Tarazona, Caracas, Ranera (Paula Novo, min. 88), Elena, Monteagudo (Vega, min. 75), Eva Alonso (Eva Dios, min. 88), Paula Hernández (Redru, min. 75), Olaya, Lucía Rivas (Michi Apóstol, min. 46), Lucía Pardo e Espe PizarroSevilla FC: Sullastres, Raquel, Kanteh (Andrea, min. 60), Cortés (Alicia, min. 80), Iris Arnáiz, Laura Pérez (Sandra Castellón, min. 73), Rosa, Gemma (C. Blanco, min. 73), Marqués, Alba López e Barrios (Esther, min. 60)Árbitra: Elena Peláez, do comité castelán-leonés. Amoestou a Esther (min. 76)Goles: 0-1 Kanteh (min. 13)Incidencias: partido disputado en ABANCA-RIAZOR ante 727 afeccionados


Sofía Domínguez enfróntase con Argentina este sábado 10 de ou...

Daniela Caracas, ante Michi Apóstol nun amigable de Colombia ...

Michi Apóstol mídese este sábado 10 de outubro con Venezuela ...

Inês Pereira foi titular este venres 9 ante Irlanda do Norte ...

"Temos que medrar para seguir competindo ben nesta categoría"...

Antonio Hidalgo, respecto ás baixas, advirte que «tamén hai x...