RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Cadete pecha a liga mañá en Nigrán e o Orzán SD Xuvenil Feminino busca en Abellá a final de Copa

Á marxe do amigable de hoxe do Infantil en Abegondo e do partido do Fabril FC Benxamín en Abegondo ante o ED Luis Calvo (2-2 e 8-7 a penaltis) correspondente á semifinal do Torneo Delegación, dous equipos de #ANOSACANTEIRA teñen partido oficial mañá mércores 31 de maio.

O Cadete, campión da División de Honra fai xa varias xornadas, xoga ás 19:00 como locatario pero no campo do seu rival, o ED Val Miñor Nigrán, no último partido de liga adiantado ao fin de semana porque os branquiazuis participarán eses días no Torneo San Bernabé, en Torrelavega (Cantabria).

E o Orzán SD Xuvenil Feminino visita ás 21:00 ao SE Abellá SDEC na segunda semifinal da I edición da Copa da Coruña, a partido único. O vencedor medirase na gran final ao Victoria CF B, vencedor da outra semifinal ante o Sporting Cambre.

Hoxe martes, o Infantil (na foto principal), que o pasado domingo se proclamou brillante vencedor da División de Honra ao derrotar ao RC Celta nunha heroica final, enfrontouse nun amigable en Abegondo á Selección do Camiño, nun partido a beneficio de ASOTRAME (Asociación Galega de Afectados por Transplantes Medulares e Enfermidades Oncohematolóxicas).

O resultado, que é o de menos, favoreceu á selección (5-6) após un bonito toma e daca.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Copa da Coruña, semifinais: SE ABELLÁ SDEC - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, mañá mércores 31 de maio ás 21:00 no campo do Vedral (Abellá, Frades)

Categoría cadete
38ª xornada (última): CADETE - ED VAL MIÑOR NIGRÁN, o mércores 31 de maio ás 19:00 en Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete (xa campión), 104 puntos; 2. RC Celta, 94 puntos... 11. ED Val Miñor Nigrán, 53 puntos...

Categoría infantil
Amigable: INFANTIL 5 (Gael -2-, Iker Casuso, Borja e Roi) - SELECCIÓN DO CAMIÑO 6

Categoría benjamín
Torneo Delegación, semifinal: FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Leo Lorenzo e Alberto Novo) - ED LUIS CALVO 2. A penaltis: 8-7