Dous equipos de #ANOSACANTEIRA tiveron competición oficial onte mércores 24 de maio e abriron así o calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA.
O Orzán SD Xuvenil Feminino venceu (0-3) á UD Carral nos cuartos de final, a partido único, da I edición da Copa da Coruña feminina. En oitavos, as orzanistas apearon ao Brexo Lema SD (0-5).
E no trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, o Alevín dobregou (10-0) en Abegondo ao ED Luis Calvo Sanz en partido adiantado á 13ª xornada (última), debido á participación do conxunto branquiazul a fin de semana na Arousa Fútbol 7.
Con este resultado, o equipo de Alberto Suárez é campión do subgrupo norte e xogará a gran final do torneo ante o campión do subgrupo sur, o RC Celta, en data por decidir.
Tamén adiantado ao fin de semana, o San Tirso SD Cadete visita ao Arosa SC mañá venres 26 de maio ás 19:00 horas en Meis. Os 'verdes', en clara progresión, aspiran a achegarse ao grupo de cabeza.
O sábado, a atención de #ANOSACANTEIRA está centrada no partido de volta da final polo título galego cadete entre o Orzán SD Cadete Feminino e o UD Mos, ás 16:00 na Torre (campo 1). Na ida nas Baloutas as orzanistas venceron claramente (1-5) e acariñan o campionato.
O domingo ás 12:00 xóganse dous choques decisivos.
O Xuvenil B recibe en Abegondo ao CD Conxo Santiago na última xornada da Liga Nacional. Os branquiazuis avantaxan en 2 puntos e o golaverage na cabeza da táboa ao RC Celta B, que á súa vez visita ao Porriño Industrial FC.
O Dépor dispútase co RC Celta, no campo de Burgáns (Cambados), o título da División de Honra infantil, a partido único.
Ademais, o Cadete, xa campión da División de Honra, visita ao Rápido de Bouzas.
Finalizadas as competicións de fútbol 8, arrancan os torneos amigables para alevíns e benxamíns, esta semana en Vilagarcía de Arousa, A Estrada e Xenebra.
Finalmente, unha selección de prebenxamíns do Dépor, de cara a formar o Fabril FC Benxamín da próxima temporada, participa o domingo 28 nun torneo organizado polo Sada CF no campo das Mariñas - Andrés Pena.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría feminina
Copa da Coruña, cuartos de final: UD CARRAL 0 - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO 3 (Iria Otero, Laura Santos e Noe Gómez)
Final polo Título da Liga Galega cadete: ORZAN SD CADETE FEMININO - UD MOS, o sábado 27 de maio ás 16:00 na Torre (campo 1). Na ida: 1-5
Categoría xuvenil
34ª xornada (última): XUVENIL B - CD CONXO SANTIAGO, o domingo 28 de maio ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 75 puntos; 2. RC Celta B, 73 puntos; 3. ED Val Miñor Nigrán, 67 puntos... 14. CD Conxo Santiago, 36 puntos...
Categoría cadete
37ª xornada (penúltima): RÁPIDO DE BOUZAS - CADETE, o domingo 28 de maio ás 12:00 no campo Baltasar Pujales (Bouzas, Vigo)
37 ª xornada (penúltima): AROSA SC - SAN TIRSO SD CADETE, o venres 26 de maio ás 19:00 no campo Municipal de Zacande (Meis)
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete (xa campión), 101 puntos; 2. RC Celta, 91 puntos... 4. Arosa SC, 66 puntos... 8. San Tirso SD Cadete, 54 puntos... 15. Rápido de Bouzas, 46 puntos...
Categoría infantil
Final polo título da División de Honra: INFANTIL - RC CELTA, o domingo 28 de maio ás 12:00 en Burgáns (Cambados)
Categoría alevín
13ª xornada (última): ALEVÍN 10 (Mario González -2-, Yael López -2-, Thiago Montes -2-, Iker Obeso, Manu Alcázar, Nico Torres e Sergio Infante) - ED LUIS CALVO SANZ 0
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte: 1. Alevín (un partido máis), 36 puntos; 2. CD Lugo, 27 puntos; 3. CD Calasanz, 24 puntos...
Arousa Fútbol 7 no campo da Senra (Ribadumia)
Primeira Fase
Venres 26 de maio
16:00: ATLÉTICO DE MADRID - ALEVÍN A
Sábado 27 de maio
9:00: ALEVÍN A - ED VAL MIÑOR NIGRÁN
11:40: ALEVÍN A - VILLARREAL CF
16:30: SERVETTE FC GENEVE - ALEVÍN A
O tres primeiros de grupo pasarán á fase final e os dous restantes xogarán unha fase consolación, todo iso o domingo 28 de maio a partir das 9:00 horas
Meyrin Cup en Xenebra (Suíza)
Sábado 27 de maio
Primeira Fase
10:20: FABRIL FC ALEVÍN - MEYRIN FC 3
11:20: FABRIL FC ALEVÍN - FC SION
12:20: ANNECY FC - FABRIL FC ALEVÍN
Os dous primeiros clasificados acceden a unha Fase Final e os outros dous restantes a unha Fase de Consolación, todo iso a partir das 15:00 horas
Categoría benjamín
VIN Torneo Concello da Estrada, no Novo Campo Municipal da Estrada
Primeira Fase
Sábado 27 de maio
10:12: FABRIL FC BENXAMÍN - UD MOS (campo 1)
11:00: RAYO VALLECANO - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
Os 3 primeiros de grupo pasan á Segunda Fase, que arranca ás 11:24
Categoría prebenxamín
Torneo de Sada CF, no campo de fútbol das Mariñas - Andrés Pena (Sada)
Domingo 28 de agosto
Primeira Fase
11:00: SELECCIÓN RC DEPORTIVO - BETANZOS CF A
12:00: CD CALASANZ - SELECCIÓN RC DEPORTIVO
15:30: SELECCIÓN RC DEPORTIVO - SANTA CRUZ CF
Os dous primeiros de grupo pasan a cuartos de final, que se xogan a partir das 17:30