RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor ABANCA desprázase este venres a Granada, vía Málaga, para disputar a ida da final polo ascenso á Liga F

O Dépor ABANCA desprázase este venres 2 de xuño pola tarde a Granada, vía Málaga, para visitar o domingo 4 de xuño no Estadio Nuevo Los Cármenes (20:00 horas) ao Granada CF no partido de ida da final polo ascenso á Liga F.

Antes de viaxar, ás 16:00, Irene Ferreras dirixirá en Abegondo a última sesión previa ao partido, centrada sobre todo en accións a balón parado.

O regreso á Coruña das Nosas será o domingo 4, tamén en avión desde Málaga.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Venres 2 de xuño
16:00: Adestramento en Abegondo
19:55: Saída do avión de Santiago con destino ao Aeroporto de Málaga
21:25 (horario aproximado): Chegada ao Aeroporto de Málaga e viaxe en autocar a Granada
23:00 (horario aproximado): Chegada ao Gran Hotel Luna de Granada

Sábado 3 de xuño
20:00: Granada CF - Deportivo ABANCA, no Estadio Nuevo Los Cármenes
Ao concluír, aloxamento no Gran Hotel Luna de Granada

Domingo 4 de xuño
15:05: Saída do voo do Aeroporto de Málaga con destino Santiago
16:45 (horario aproximado): Chegada a Galicia