RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
INFANTÍS20 abr 2015

O Infantil A non perdoa ao Pavillón e mantén a segunda praza da Fase polo Título galego

O Infantil A goleó (5-1) ao Pabellón e mantén a segunda praza da Fase polo Título Galego. Pablo Fraga, Pichu, Ernesto, Ramil e Mosquera anotaron os tantos branquiazuis fronte ao conxunto ourensán.

Con este resultado, o Infantil A suma 16 puntos por 15 o terceiro na táboa, o Racing de Ferrol. O líder é o Celta, con 24 puntos.

Infantil A: Baña, Xoel, Pablo Fraga, Lucas, Calviño, Manu Barbeito, Samuel, Pichu, Ernesto, Litos e Jacobo. Tamén xogaron: Ramil, Mosquera, Costa e Añón.

O Racing de Ferrol será o seguinte rival do Infantil A en tres semanas, posto que o próximo fin de semana o conxunto deportivista descansa e en quince días disputará o torneo amigable de La Granja.

Así transcorre a Fase polo Título da liga Galega para o Infantil A:

Infantil A 0 - Areosa 2
Pavillón 1 - Infantil A 3 (Litos e Jacobo (2))
Infantil A 2 (Ernesto e Cabanas) - Racing de Ferrol 1
Celta 5 - Infantil A 3 (Lucas, Manu Barbeito e Ernesto)
Infantil A 4 (Pichu (2), Jacobo e Litos) - Galicia de Caranza 1
Vitoria 0 - Infantil A 2 (Ernesto (2))
Areosa 0 - Infantil A 0
Infantil A 5 (Pablo Fraga, Pichu, Ernesto, Ramil e Mosquera) - Pavillón 1