RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
XUVENIL BSep 22, 2023

O Xuvenil B non falla ante un dos poderosos, o Pontevedra CF

O Xuvenil B non fallou (3-0) no seu partido de Liga Nacional en Abegondo correspondente á 3ª xornada ante o Pontevedra CF, un dos aspirantes ao ascenso.

O internacional José Rey abriu o marcador ao cuarto de hora de xogo e Rubén encarrilaba definitivamente o partido 5 minutos máis tarde. A sentenza definitiva chegou no minuto 90, obra de Álvaro.

Con este resultado, o Xuvenil B suma 9 puntos de 9 posibles e sitúase no máis alto da táboa.

Xuvenil B: Anxo, Javi Fernández, Íker Fernández, Samuel Fernández, David, Nico Ruiz, José Rey, Lucas, Rubén, Samuel Vázquez e Héctor. Tamén xogaron: Vergara, Álvaro, Xián, Rodrigo e Telmo.

A próxima fin de semana, o equipo que prepara Miguel Figueira visita ao Pabellón Ourense CF.

Os resultados até a data do conxunto deportivista son os seguintes:

Xuvenil B 4 (Héctor -2-, Rubén e un futbolista rival en propia meta) - CD Lugo B 2
Porriño Industrial FC 0 - Xuvenil B 3 (Héctor, Rubén e Xián)
Xuvenil B 3 (José Rey, Rubén e Álvaro) - Pontevedra CF 0