RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Calavera sente "orgulloso do equipo" e De Vicente viu un "nivel alto" no Dépor

Josep Calavera e Rafa de Vicente pasáronse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

Calavera mostrouse "moi feliz, moi contento de gozar de minutos aquí en ABANCA-RIAZOR, que non o puido facer de inicio. Todo o equipo en xeral estivemos ben, fixemos un moi bo partido, competimos de ti a ti ante un rival de Primeira División. Por pequenos detalles, por algún erro noso que temos que corrixir escapóusenos o partido".

Lamentouse do gol do empate osasunista nos últimos segundos da primeira metade: "Afecta un pouco ese gol porque fixemos unha primeira parte moi boa. Ese pequeno detalle fíxonos moito dano. Aínda así na segunda parte tentamos seguir competindo. O cansazo pesounos un pouquiño pero tentamos dar o máximo, facer o noso xogo e ao final non puido ser".

Cualificou de "espectacular" o ambiente vivido en ABANCA-RIAZOR: "É unha pasada poder gozar deste campo, de #ANOSAFORZA. Están a animar o noventa minutos sen parar, sen cansarse. É un plus moi importante para nós. Témolo que aproveitar. Estamos moi agradecidos do apoio que estamos a recibir partido após partido aquí en casa e fóra".

Josep Calavera ve a Copa como "unha oportunidade moi boa para xogar, para competir os que temos menos minutos en liga. Fose moi bonito pasar, gozar dunha eliminatoria máis aquí en #ANOSACASA. É unha pena pero estou contento e orgulloso do equipo porque fixemos moi bo partido, competimos moi ben e a partir de aquí seguir crecendo".

Pola súa banda, Rafa de Vicente confesou estar "doído porque queriamos pasar á seguinte eliminatoria. Era o noso obxectivo a pesar de enfrontarnos a un rival como Osasuna, pero bastante satisfeito do traballo de todo o equipo. Plantarlle cara ao Osasuna como o fixemos hoxe durante todo o partido é bo sinal de que o equipo traballa moi ben. Sérvenos para seguir crecendo de cara a todo o que nos vén".

O futbolista andaluz cre que o Dépor "estivo a un nivel moi alto. É certo que eles teñen un ritmo máis alto que nós pero o equipo demostrou que pode plantar cara a un Primeira División en todo momento. Salvo os dous goles en case todas as facetas estivemos moi ben, bastante serios, xeramos ocasións. Bastante satisfeito en xeral con todo o equipo".

A nivel persoal comentou atoparse "bastante ben. Con Calavera, con Villares... é moi fácil xogar. Temos un cadro moi bo, con xogadores dunha enorme categoría. É fácil xogar con todos os compañeiros. Nótase en cada adestramento a competitividade que temos. Bastante satisfeito co meu partido e doído porque como todos queriamos gañar".