RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Elitim cre que "#ANOSAFORZA é un máis" e Soriano espera que o vindeiro sábado "isto sexa unha tolemia"

Juergen Elitim e Mario Soriano pasáronse pola sala de prensa de ABANCA-RIAZOR.

O mediocentro colombiano lembra que "as eliminatorias de play off decídense por pequenos detalles. Por sorte estivemos lúcidos e puidemos rematar un partido que o afrontamos ben, onde fixemos moitas cousas ben e déronsenos as cousas".

Sostén que o Linares Deportivo "é un equipo moi competitivo, que nos estudou. O normal é que agora os movementos e demais estean ben estudados e contrólenchos. Sabiamos que ía ser igualado pero #ANOSAFORZA para nós é un máis. Presión ningunha. Eles representan o escudo e o Club. A partir do gol liberámonos un pouco, chegou nun momento crucial sobre todo a nivel mental. Na segunda parte fluíu todo moito mellor".

Admite que o gol de Mario Soriano, segundo do Dépor, "desatasca un pouco a eliminatoria. Víramos que sufrían ás costas da primeira liña. Podiámoslles facer dano. Entón mete un golazo Mario Soriano, o de Álex, logo Quiles remátao. Xente que traballa moito, meréceo e é unha alegría para o Club".

Juergen Elitim subliña que "desde a xornada 1 viuse esa unión do vestiario, do Club, os que xogan menos sempre estiveron apoiándonos e sumando en cada adestramento, en cada minuto. Vese reflectido en cada celebración, vivímolo todos a morte e para nós é un soño o feito de estar aquí".

Pola súa banda, Mario Soriano confesa que "marcar un gol nas semifinais do play off, con 26.000 persoas, é unha sensación que non a podes explicar. Sentinme moi ben, moi contento, moi alegre, feliz de estar a un paso de cumprir o obxectivo".

O atacante madrileño opina que a raíz do segundo gol que el fai "estivemos moi ben, controlamos moi ben o partido e viñeron outros dous goles que nos deron o pase".

Soriano asegura que desde mañá o equipo comezará a preparar a final ante o Albacete Balompié do próximo sábado 11 de xuño ás 18:00 horas, un partido que "é fundamental. É unha final que hai que gañar. Espero que #ANOSAFORZA estea como hoxe e que sexa unha tolemia isto".