RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Jaime pide "valorar todo o bo que fixemos" e Rubén está "orgulloso de todos os meus compañeiros"

Jaime e Rubén pasáronse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR ao concluír o partido ante o Córdoba CF.

O central branquiazul fai un balance "positivo" do partido e destaca que "as ocasións máis claras foron nosas. Satisfeito co traballo que está a facer o equipo e este é o camiño a seguir".

Recalca que "o equipo fixo todo o posible. Non quixo entrar o balón. Hai que valorar todo o bo que fixemos. Oxalá gañásemos, pero non puido ser".

Así pois, márchase "moi satisfeito co traballo defensivo do equipo. Practicamente o primeiro clasificado non nos creou ocasións. O equipo está a traballar moi ben e vese reflectido no campo".

Jaime lembra que "queda moitísima liga, moitos partidos, a liga é moi longa. Nós temos que ir partido a partido, gañar os máximos posibles e ao final de temporada verase".

Pola súa banda, Rubén Díez ten "unha sensación enfrontada. Por unha banda fodido porque fixemos méritos dabondo para gañar o partido con tres ou catro ocasións claras de gol; pero doutra banda voume orgulloso do equipo porque se deixou todo no campo. Todos os xogadores ao final estabamos derrotados. Viuse que o Dépor segue dando pasos adiante, segue mostrando esa solidez que levamos mostrando hai uns cuantos partidos. Neste sentido estou orgulloso de todos os meus compañeiros".

O atacante branquiazul comenta que "se está vendo que aos poucos o Dépor pode aspirar a estar co Córdoba CF. E de feito, hoxe demostrámolo no campo, que fomos merecedores de levarnos os 3 puntos".

Nesta liña, recalca que "en ocasións fomos superiores e durante gran parte do xogo pasamos por encima deles. Xogabamos contra un Córdoba CF que era un equipazo e se ía líder era por algo".