RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucía Alba, nova xogadora do Dépor ABANCA 22-23

Lucía Alba García (Ponferrada, León, 28 de setembro de 1999) será xogadora do Deportivo ABANCA para a Temporada 2022-2023.

Lucía procede do CDE Racing Féminas, equipo co que xogou 14 encontros a pasada temporada no grupo Norte de Reto Iberdrola, o mesmo campionato no que participou o Dépor ABANCA. A nova porteira deportivista alternou a titularidade baixo paus con Sara Serrat, que disputou os outros 16 choques.

Formada no CD Ponferrada (2014-2016) e o CD San Pío X valisoletano (2016-2017), ao comezo da campaña 2017-2018 incorporouse ao CD Parquesol, tamén da cidade do Pisuerga. No conxunto laranxa militou catro cursos, os dous últimos en Reto Iberdrola, competición na que acumula 55 encontros nas tres temporadas en que participou na mesma, a última co conxunto cántabro.

Lucía Alba súmase ao cadro deportivista tralas renovacións de Ainhoa Marín, Inés Altamira, Paula Gutiérrez, Raquel García, Patri López, Aroa e Carlota Sánchez, máis Cris Martínez e Eva Dios, con contrato en vigor, e as fichaxes de Carlota Suárez, Millene Cabral, Marta Charle, Yohana e Letti.