RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor reencóntrase coa súa mellor versión en casa (2-0)

No terceiro partido da semana, despois do tropezón en Badajoz, Óscar Cano apostou pola continuidade salvo as permutas obrigadas polas sancións: Diego Villares por Olabe e Víctor Narro por Mario Soriano. Unha continuidade de nomes que non de xogo, xa que desde o arranque o Dépor mostrou outra cara para afrontar o encontro.

Os primeiros minutos foron de total dominio do Dépor, aínda que as chegadas só producíanse a balón parado, sobre todo en senllas chegadas de esquina. Así tamén tivo a súa primeira aproximación o Racing, aínda que de maneira tímida.

A pesar de que o encontro tiña clara cor branquiazul, a primeira con perigo foi visitante: Álex López desde a frontal obrigou a Mackay a estirarse. A ocasión pareceu espolear ao Dépor porque a resposta foi inmediata: centro de Víctor Narro e Quiles, de cabeza, só ante Gazzaniga, rematou desviado. Cinco minutos despois, de novo Víctor Narro polo outro costado, o dereito, con centro co exterior e remate de cabeza de Svensson para a palomita sobre a liña de gol.

Esas dúas primeiras ocasións claras foron o prolegómeno da recuperación do Dépor para o pase en profundidade a Villares que regateou ao porteiro visitante para pór o 1-0 no marcador.

Case sen tempo a celebrar e asimilar a nova situación de partido, Svensson anotou o segundo gol, cruzado, após un gran pase de Rubén Díez ás costas da defensa. O terceiro púidoo facer Antoñito presionando sobre a liña de gol ao porteiro que liquidou ben o apuro.

Mentres o Dépor non baixaba o ritmo o Racing apenas saía nin inquietaba, só Mackay a unha man á saída dun córner, tivo que intervir minutos antes de chegar ao descanso.

Após o parón, Martínez en condución persoal e zurdazo desde a frontal para a estirada pegado ao pau de Gazzaniga levou de novo a emoción ás bancadas.

Co resultado e o xogo despregado polo Dépor, na segunda metade o número de ocasións reduciuse e o partido púxose algo máis feo e físico. Jardí de cabeza alto sobre a portería de Mackay protagonizou a única ocasión verde no segundo tempo mentres que Svensson cruzado puido anotar de novo nun balón que chegou con demasiada potencia a Kuki que non pode orientar cara á portería baleira, aínda que o liña invalidara a xogada.

No desconto Álex recuperou un bo balón para Santamaría que prolongou para que Yeremay estrelase no lateral da rede. Foi o epílogo dun partido controlado polo Deportivo de principio a fin, que serviu para deixar un bo sabor de boca ao Deportivismo até o reencontro co equipo, xa en xaneiro de 2023, e permitir ao Dépor manter o ritmo dos equipos, incluído o Racing, que pelexarán polo ascenso de categoría.

RC Deportivo: Mackay, Antoñito, Lapeña, Martínez, Raúl Carnero, Rubén Díez (Yeremay, min. 90+2), Diego Villares (Jaime, min. 90+2), Isi Gómez (Álex Bergantiños, min. 78), Quiles, Svensson (Santamaría, min. 90+2) e Víctor Narro (Kuki Zalazar, min. 68).

Racing C. Ferrol: Gazzaniga, Pascual, Bourdal (Jon García, min. 76), David Castro, Brais Martínez, Jesús Bernal (Del Pozo, min. 80), Fran Manzanara, Carlos Vicente, Álex López (Luis Chacón, min. 52), Heber (Manu Justo, min. 52) e Joselu (Jardí, min. 52), .

Goles: 1-0 Villares (min. 25); 2-0 Svensson (min. 30).

Árbitro: Conejero Sánchez (c. Estremeño). Amoestou a Pascual (min. 10), Álex López (min. 34), Isi Gómez (min. 44), Manzanara (min. 55), Jardí (min. 60), Carlos Vicente (min. 77) y Manu Justo (min. 88).

Incidencias: partido da 16ª xornada de Primeira Federación disputado no Estadio ABANCA-RIAZOR ante 18.452 espectadores.