RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Óscar Cano valora que "o equipo defendeu ben, tivo esas agallas que hai que ter"

Óscar Cano subliñou na sala de prensa que o CF Talavera de la Reina "levaba desde o 6 de novembro sen encaixar un só gol en casa. Hai que felicitar o labor da dirección deportiva do 'Tala' e sobre todo do seu adestrador porque conseguiron facer un equipo que xoga moi ben ao fútbol, ao que é moi difícil gañar porque tira moitísima xente por diante da pelota".

O técnico branquiazul considera que na primeira parte o Dépor "fixo un partidazo. Non os deixamos apenas progresar por onde eles adoitan progresar, axudounos moito a presenza de Roberto Olabe incrustado na última liña porque o plan era pechar moito por dentro e que por fóra nos puidésemos soltar. E a verdade que o fixeron os rapaces á perfección. Tivemos o gol, outra moi clara de Villares... A primeira parte fixémolo moi ben".

Tralo descanso, "defendeuse tamén moi ben. O que pasa que nesta categoría o xogo directo que eles utilizaron, metendo mesmo a Neyder Lozano, aí che desaxusta un pouco porque son moita xente, xa non só por diante da pelota, senón contra a túa última liña e en moitos casos dentro da área cando o balón vai por fóra. Pero o equipo defendeu ben, tivo esas agallas que hai que ter nesas situacións e considero que é un bo resultado e que a ver se este marcador fai que esteamos mellor fóra de ABANCA-RIAZOR; e se non estamos mellor non pasa nada senón que sumemos os puntos necesarios", puntualiza.

Desvela que "na charla previa ao partido, que a demos no hotel, díxenlles que se esquezan da clasificación. Oxalá puidésemos, oxalá. Estamos a falar desde a máis absoluta das utopías, non saber que fan os demais, centrarnos no partido. ¿Por que? Porque é humano mirar a clasificación, que fan os demais. Pero eu non quero que nos condicione iso. Eu quero que mañá se adestre ben, que os que teñen molestias póidanse recuperar, que aqueles que se quedaron na Coruña recupérense e seguir traballando. Isto é unha carreira. Quedan 14 partidos dunha carreira na que se van a dar resultados de todo tipo, xa o anticipo, para nós e para os distintos adversarios que optan a facer playoff e a quedar campión. E témonos que centrar niso, no partido a partido. O que fagan os demais evidentemente que inflúe porque hai unha clasificación e temos competidores. Pero non quero que nos obsesionemos. Fai non moito vós mesmos preguntabades sobre o feito de que o Dépor aínda non se fixo acredor de formar parte dos equipos que estaban en playoff. Saíamos, entrabamos, estabamos moi lonxe. Despois estabamos dentro do playoff, pero a moita distancia dos primeiros clasificados. E agora estamos moi preto deles. Pois iso é o que temos que facer, esquecer e obviar o que fagan os demais desde o punto de vista de que nos debe de obsesionar; e a partir de aí seguir traballando, adestrar ben mañá. Non me preocupa outra cousa. E por suposto ir preparando o partido do Badajoz".

Lamentouse na segunda parte de non ter "secuencias de pase máis longas, pero quero que entendades a dificultade. Eles deixan pouca xente por detrás do balón, entón, cada vez que ti recuperas a pelota faise moi suxestivo atacar o seu último espazo porque o estás vendo. Pero aínda a xogada non está tan construída como para poder aproveitalos, por tanto, había que alargar un pouquiño as accións sabendo da dificultade que ten alargala. E en segundo lugar, se xa me estás deixando o espazo para que vaia, é tamén moi humano ir sobre eses espazos, pero a xestión do balón debería de ser mellor. Tocou remar desa maneira, como tocou en Alxeciras e noutros escenarios, e a verdade que o equipo soubo sufrir esa última acometida e levar a vitoria".

Óscar Cano recalca que "soubemos sufrir. Somos un corpo técnico que a nosa primeira intención, a nosa primeira idea, está moi acorde ao que é o Deportivo e a súa grandeza. É dicir, non virnos atrás. O que pasa é que os demais xogan. Este é un gran equipo, cheo de bos xogadores e cónstame que no mercado de inverno viñeron equipos de Segunda División a por algún dos seus xogadores ofrecendo unha cantidade económica moi alta. Nós temos vintepico xogadores extraordinarios, pero é que non só hai veintipico xogadores extraordinarios na categoría senón que hai cento e pico, 200 e non os podemos ter todos. Nos distintos clubs teñen xogadores de nivel".

Valora como importante que" vexamos estas versións tamén porque os partidos se poñen de 1.000 maneiras e hai que saber responder ante esas circunstancias".

Finalmente, conclúe que o Dépor "a nivel de ferramentas, de recursos futbolísticos non lle falta nada, ou polo menos eu non son consciente, que podo estar equivocado, de que nos falte algo. Despois será enfrontarnos a todos coa maior das garantías, sabendo que eses equipos son tamén moi bos. Hai unha acción no campo do Castilla que nos custa unha expulsión de Lapeña e a ese mesmo xogador vino onte en El Sadar. Ou hai 10 días hai un xogador do Castilla que mete un gol no mundialito de clubs. Iso diche que os rivais tamén teñen moitísimas cousas e xogadores moi bos".