Planificación de traballo para a semana do 4 de xaneiro
Nada máis acabar o partido de Copa do Rey, os futbolistas convocados cearon todos xuntos no Hotel Meliá María Pita. O obxectivo é coidar ao máximo a alimentación, e favorecer así unha rápida recuperación neste tramo da temporada con moita carga de partidos.
Gaizka Garitano citou a todos os seus futbolistas o mércores 4 de xaneiro en Abegondo ás 11.30 horas para unha nova sesión, que será suave para os xogadores titulares ante o Alavés.
A planificación da semana é a seguinte:
Mércores 4 de xaneiro 11:30: Adestramento en Abegondo
Xoves 5 de xaneiro 17:30: Adestramento en Abegondo.
Venres 6 de xaneiro 20:45: Espanyol - Dépor, en Cornellá El Prat
Sábado 7 de xaneiro 10:30: Adestramento en Abegondo