RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Raquel García participa no Foro Educación A Coruña

A central do Dépor ABANCA Raquel García Yagüe participa mañá xoves día 30 no III Foro Educación A Coruña "Pensando en Educación" que se celebra no Salón de Actos da Fundación Paideia.

Co subtítulo de "A educación fronte aos retos da muller no mundo dos deportes", o acto terá lugar nas instalacións da Fundación na praza de María Pita e dará comezo ás 19:30 h. presentado pola xornalista de Radio Coruña Cadena SER Isabel Bravo. Xunto a elas estará a campioa olímpica coruñesa e xerente do Cluster do Deporte Galego Sofía Toro.

Será o segundo do tres encontros deste foro, após o celebrado o 23 de febreiro coa participación das tres compoñentes de Tanxugueiras e o que o próximo 27 de abril protagonizarán Isabel Blanco e Mariana Fernández.