RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Villares admite "unha fochanca gorda" e Calavera fala de "o peor partido da temporada"

Diego Villares e Josep Calavera pasáronse pola zona mixta do Estadio Nuevo Vivero de Badaxoz.

O centrocampista galego admite que o desta tarde foi "o peor partido da temporada con moita diferenza. Desde o minuto 1 non estivemos á altura e cando empezas tan mal e non es capaz de reverter a situación no partido, pasan estas cousas".

Advirte que "o que non nos pode faltar é actitude e máis nestes momentos e na situación que estamos a vivir agora".

Recoñece que desde o primeiro minuto de xogo "gañáronnos todas as disputas, segundas xogadas... Competir así nesta liga tan complicada é moi difícil".

Villares confesa que no vestiario hai "cabreo, xente fodida. Hoxe as palabras apenas saían. Mañá ou cando adestremos falaremos entre todos de como saír adiante",

Cualifica esta fochanca como "gorda. O último que podemos facer é mirar o de fóra. Hai que sacalo entre todos e mirar o noso propio embigo".

Pola súa banda, Josep Calavera indica que "non entramos ben no partido. Metéronnos o primeiro gol nunha xogada que sabiamos que era o seu forte. Tiñamos que controlalo un pouco mellor. A partir de aquí custounos. Só queda pedir desculpas #ANOSAFORZA, aos que estaban aquí, aos que estaban en casa apoiándonos".

O mediocentro catalán subliña que "o que traballamos durante a semana non puidemos plasmalo encima do terreo de xogo. Toca facer moita autocrítica, corrixir moitos erros. Isto depende de nós, dos xogadores. Toca levantarnos e traballar máis que nunca".

Calavera entende a #ANOSAFORZA, á contorna: "É cousa nosa. Agora non somos os peores da liga nin antes eramos tan bos. Hai que tentar atopar esa regularidade, ese equipo tan competitivo ao que os rivais tanto lles custaba gañar e dar todos un pouco máis".