RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
16 feb 2013

A pegada do Sevilla acaba co Deportivo

Medel, Rakitic e Navas téñenlle collida a medida ao Deportivo. Cada vez que se pon enfronte da meta branquiazul, sexa Aranzubia ou Lux, a portería, por encantamento, aumenta de tamañou. En catro minutos, entre o tres encarrilaron o choque. U

O partido empezou pois da peor maneira posible. Rakitic, apoiado na man de Medel, lograba o 1-0, con Nervion aínda semi baleiro. Dous minutos mais tarde, Aranzubia salva o segundo tanto sevillista tras un remate de socato do propio Jesús Navas. O Sevilla é un vendaval no arranque.

Aos poucos equilíbranse as forzas e o Deportivo vaille collendo o aire ao partido. Pero á media hora, Medel, do mesmo xeito que no primeiro gol a pase de Jesús Navas, marcaba o 2-0. Parecía que todo estaba finiquitado.

Riki mete ao Deportivo no partido co 2-1, no minuto 31,  cun gol produto dunha boa contra deportivista, levada por Bruno Gama pola banda esquerda. O remate inicial sácao Beto, Abel Aguilar rescata o balón na liña de fondo antes de saír a saque de esquina e cede a Riki, que, esta vez se, bate a Beto.

O Dépor creceuse e Riki puido lograr o empate, pero o seu disparo marchouse lixeiramente alto. Eran os mellores minutos branquiazuis.

Medel dió aire ao Sevilla co 3-1, de novo chegando desde atrás libre de marca. Aquí estivo a diferenza.

O partido non daba tregua, aínda que con este marcador chegouse ao descanso.

Na segunda metade o choque igualouse definitivamente e as oportunidades en ambas as portarías foron máis escasas neste arranque.

Fernando Vázquez, consciente das urxencias do equipo, substituíu á parella de mediocentros.

Bruno Gama tivo o 3-2, pero Beto saca o remate franco, a centro de Salomao, nunha gran parada.

Beto volveu salvar ao Sevilla ao sacar un espléndido cabezazo de Nelson Oliveira. Nesta ocasión, o despexe da meta portugués cuspiuno o traveseiro.

O Deportivo deu a cara ata o asubío final, pero a fortuna segue dando as costas.

Sevilla: Beto, Fazio, Spahic, Jesús Navas, Medel, Negredo, Rakitic, Reyes (m. 70, Manu do Moral), Kondogbia (m. 79, Stevanovic), Coke (Botia, m. 46) e Alberto.

Deportivo: Aranzubia, Silvio, Ze Castro, Kaka, Evaldo, Alex (Valerón, m. 56), Assunçao (Nelson Oliveira, m. 66), Bruno, Pizzi, Abel Aguilar e Riki (Salomao, m. 75).

Árbitro: José Antonio Teixeira Vitienes, do Colexio Cántabro. Amoestou a Abel Aguilar e Assunçao.

Goles: 1-0, m. 4: Rakitic; 2-0, m. 27: Medel; 2-1, m. 31: Riki; 3-1, m. 37: Medel.