RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRASep 16, 2023

O Fabril en Luanco e o Celta-Dépor xuvenil, pratos fortes mañá domingo en ANOSACANTEIRA

Dous partidos centran a atención en #ANOSACANTEIRA mañá domingo 17 de setembro.

O Fabril visita ao Marino de Luanco ás 17:00 en Miramar. Os fabrilistas chegan ao partido co resaibo amargo da derrota da pasada fin de semana en Abegondo ante o Rayo Cantabria.

O equipo recupera a Iano Simão despois do seu paso pola selección de Guinea-Bisáu para o seu partido de clasificación da Copa de África ante Sierra Leona.

Iso si, é baixa a meta Hugo Ríos, que se viu obrigado a pedir o cambio o pasado domingo por unha fractura no esternón.

En canto ao resto de categorías, co inicio de liga para o Orzán SD Xuvenil Femenino en Primera Autonómica (ás 12:00 na Torre ante o Umia CF B), #ONOSODERBI xuvenil na División de Honra, ás 12:00 en Barreiro, será o partido destacado.

Os pupilos de Manuel Pablo encaran este choque despois do tropezón (3-4) en Abegondo ante unha efectiva SD Compostela. Fronte a fronte estarán os dous grandes favoritos ao título.

Tamén mañá o San Tirso SD Cadete mídese na Coruña ao Victoria CF (12:00, San Pedro de Visma) na 2ª xornada da División de Honra. 

Hoxe sábado disputáronse un total de 5 partidos, entre os que destacou a visita do Deportivo ABANCA B en campo do Umia CF (0-1). O filial feminino suma así 2 triunfos no seu inicio de liga en Tercera Federación FutFem.

Tamén hoxe iniciaron a liga o Infantil (1-5 en Lugo) e o San Tirso SD Infantil (5-1 en Conxo).

Completaron a xornada o Cadete en Abegondo ante o Coruxo FC (3-1) e fóra de casa o Xuvenil B en Porriño (0-3)

Finalmente continúan en pretemporada os dous equipos alevíns, que se clasificaron hoxe para a Segunda Fase da II edición da Copa Deputación da Coruña de mañá domingo en Sigüeiro (Oroso); e os dous benxamíns, co A (na foto da noticia) como brillante campión e o Fabril FC Benxamín cuarto finalista do Trofeo Concello de Arcade.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Tercera Federación Futfem, 2ª xornada: UMIA CF 0 - DEPORTIVO ABANCA B 1 (Uxía López)

Primera División Autonómica, 1ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO - UMIA CF B, mañá domingo 17 de setembro ás 12:00 na Torre (campo 1) 

Segunda Federación
3ª xornada: MARINO DE LUANCO - FABRIL, mañá domingo 17 de setembro ás 17:00 no campo de Miramar (Luanco)

Categoría xuvenil
División de Honra, 3ª xornada: RC CELTA - XUVENIL A, mañá domingo 17 de setembro ás 12:00 en Barreiro (Vigo)

Liga Nacional, 2ª xornada: PORRIÑO INDUSTRIAL FC 0 - XUVENIL B 3 (Héctor, Rubén e Xián)

Categoría cadete
División de Honra, 2ª xornada: CADETE 3 (Janusz, Yago e Trillo) - CORUXO FC 1

División de Honra, 2ª xornada: VICTORIA CF - SAN TIRSO SD CADETE, mañá domingo 17 de setembro ás 12:00 en San Pedro de Visma (campo 1)

Categoría infantil
División de Honra, 1ª xornada: CD LUGO 1 - INFANTIL 5 (Raúl -2-, Sergio -2- e Picallo)

División de Honra, 1ª xornada: CD CONXO SANTIAGO 5 - SAN TIRSO SD INFANTIL 1 (Gandarela)

Categoría alevín
II Torneo Deputación da Coruña, no campo Lino Balado (Sigüeiro, Oroso)
Sábado 16 de setembro
Primeira Fase
ALEVÍN A 8 (Álvaro Gómez -2-, Jorge Fernández -2-, Rui Fernández -2-, Martín López e David Gómez) - RACING SAN LORENZO 0
ALEVÍN A 6 (Álvaro Gómez -2-, Rui Fernández, Hugo Macedo, David Gómez e Nacho Villanueva) - EF CONCELLO DE CARNOTA 0
ALEVÍN A 4 (Rui Fernández, Álvaro Gómez, David Gómez e Nacho Villanueva) - EUME DEPORTIVO 1

O Alevín A clasificouse para a Segunda Fase, que se xoga mañá domingo a partir das 10:50

II Torneo Deputación da Coruña, no campo Lino Balado (Sigüeiro, Oroso)
Sábado 16 de setembro
Primeira Fase
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Alejandro Astray, Xiao Fontao, Nico Pérez e Hugo Quintela) - PORTO DO SON CF 0
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Alejandro Astray e Xiao Fontao) - SD ESTEIRANA 0
FABRIL FC ALEVÍN 0 - ED XUVENTUDE DE OROSO 2

O Fabril FC Alevín clasificouse para a Segunda Fase, que se xoga mañá domingo a partir das 10:50

Categoría benjamín
Trofeo Concello de Arcade, no campo do Salgueirón (Soutomaior)
Sábado 16 de setembro
Primeira Fase
BENXAMÍN A 4 (Adrián Liñares, Leo Lorenzo e Mateo Songo'o) - AD VILA DE CORPUS 0
BENXAMÍN A 11 (Diego Castelo -2-, Leo Lorenzo -2-, Andrés Valencia, Antón Fernández, Álex Casado, Mateo Songo'o, Mateo Cardelle, Adrián Liñares e Alberto Novo) - CD CHOCO 0
BENXAMÍN A 11 (Breogán Díaz -2-, Leo Lorenzo -2-, Alberto Novo -2-, Álex Casado -2-, Mateo Cardelle -2- e Mateo Songo'o) - ALONDRAS CF 1

Cuartos de final
BENXAMÍN A 7 (Mateo Songo'o -3-, Antón Fernández -2- e Diego Castelo -2-) - EF VILA DE MARÍN 1

Semifinais
BENXAMÍN A 3 (Andrés Valencia, Mateo Songo'o e Leo Lorenzo) - RÁPIDO DE BOUZAS 0

Final
BENXAMÍN A 5 (Álex Casado, Mateo Songo'o, Alberto Novo, Leo Lorenzo e Adrián Liñares) - RC CELTA 2

Trofeo Concello de Arcade, en campo do Salgueirón (Soutomaior)
Sábado 16 de setembro
Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - CD AREOSA 0
FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Leo Galván -2-, Yoel Losada, Martín Coronel, Leo Cordeiro e Leo Barros) - AROSA SC 0
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Leo Galván) - EF DENIS SUAREZ 1

Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (César Lodeiro e Martín Martelo) - RC CELTA 2. A penaltis: 1-3