RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA8 ago 2018

Pablo Marí regresa á convocatoria para o choque desta tarde en Lugo

O central Pablo Marí superou as súas molestias fisicas e é a principal novidade na convocatoria de 23 xogadores de Natxo González para o amigable desta tarde no Anxo Carro (20:30 horas) de Lugo.

Á lista súmanse os fabrilistas Diego Caballo e Uxío; e cáense por lesión: Christian Santos, Carlos López, Álex Cobo, Francis e Bicho.

O encontro servirá de presentación do CD Lugo ante a súa afección, e corresponde ao XXXV Memorial Manolo Martín, un partido de carácter benéfico que se disputou o pasado verán no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Fabril e o Real Madrid Castilla.

Por este carácter benéfico (a recadación irá destinada ao Banco Farmacéutico de Galicia -doenzas da infancia- e á Fundación Amigos de Galicia), as entradas teñen un prezo único de 10 euros, con acceso gratuíto para menores de 14 anos.

O Real Club Deportivo tamén quere colaborar para que a asistencia e a recadación sexan as maiores posibles, polo que o partido correspondente á #DéporXira2018 non se emitirá en directo na canle de Youtube do Club.

No adestramento desta mañá en Abegondo, como adoita ser habitual o mesmo día de cada amigable, Natxo González repasou principalmente movementos tácticos e accións a balón parado no campo 3.

Tralo test no Anxo Carro, o cadro deportivista está citado de novo mañá xoves 9 de agosto ás 10:30 horas na Cidade Deportiva.