RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Última semana de pretemporada para o Dépor ABANCA con ensaio final ante o Athletic Club B

O Deportivo ABANCA encara desde mañá mércores 31 de agosto a súa última semana de pretemporada que concluirá cun ensaio final ante o Athletic Club B, o sábado 3 de setembro ás 18:00 no campo Municipal Les Caleyes (Villaviciosa, Asturias).

A partir de aí chegará a liga en Primera Federación Feminina, o 10 ou 11 de setembro en Abegondo, ante o Rayo Vallecano, un clásico do fútbol feminino español.

Irene Ferreras, adestradora branquiazul, dispuxo ademais esta semana tres adestramentos matinais na Cidade Deportiva a partir das 10:00. As futbolistas teñen que presentarse en Abegondo ás 8:30 posto que nese lapso de tempo até saltar ao céspede hai tarefas programadas segundo o día como ximnasio, traballo preventivo ou vídeo.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 31 de agosto
10:00 h.

Xoves 1 de setembro
10:00 h.

Venres 2 de setembro
10:00 h.

Sábado 3 de setembro
18:00: Deportivo ABANCA - Athletic Club B, no campo Municipal Les Caleyes (Villaviciosa, Asturias)