RCD / NOVAS

Alberto Benito, novo xogador do Dépor 2021-2022

20/07/2021 09:30

Alberto Benito Correa (Tarragona, 13 de xuño de 1992) convértese en novo xogador do RC Deportivo para a próxima temporada. Após militar a pasada no Albacete Balompié, o lateral catalán chega libre á Coruña e incorpórase xa esta mañá ao traballo do equipo na Cidade Deportiva de Abegondo.

Alberto Benito únese ao Dépor con 140 partidos en Segunda División ás súas costas, 107 en Segunda B, 5 de Copa do Rei e 3 de promoción de ascenso. O Club no que máis encontros xogou é o CF Reus Deportiu con 64, mentres que Zaragoza e Albacete, as súas dúas últimas paradas, deixounos con 56 en cada caso. Medio centenar co Sporting B e 29 no Nástic de Tarragona completan o seu percorrido en liga, ademais de 3 choques copeiros co Reus e 2 co Zaragoza. En ambos os destinos anotou goles, dous en terras mañas, dous en Reus e outro en Asturias para completar os 5 goles e 7 asistencias ao longo dunha carreira que iniciou nos xuvenís do Nástic antes de pasar por Pobla de Mafumet, Sporting, Reus, Zaragoza, Albacete e que, desde hoxe, continuará no Deportivo.

Máis novas de: ALBERTO BENITO