RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Celso Borges: ''é un dos partidos máis importantes da miña carreira''

Celso Borges recoñece que o partido deste domingo en Riazor (19.00 horas) ante o Levante "é un dos partidos más importantes da miña carreira".

Explica que nos recentes cuartos de final do Mundial de Brasil, que Celso Borges disputou con Costa Rica, "había moito por gañar e pouco por perder. Aquí estámonos xogando a vida. Hai que deixar a alma, o corazón e todos os órganos alá dentro (da cancha)".

Do Levante, o internacional costarriqueño di que "agora pasaron a xogar con defensa de cinco e tres mediocampistas. Estamos a analizar ésto a ver como podemos contrarrestar esta boa defensa que tiveron. Veñen facendo goles, teñen unha vitoria recente. Fácil non é".

Confesa Borges que durante estes días previos ao encontro "ao meu o estar nervioso axúdame para estar concentrado e atento. Xa cando empezo o partido todo éso vaise. Pero esta semana sabemos moi ben o que nos estamos xogando".