RCD / NOVAS

Dudú Aouate, citado para dous partidos oficiais de Israel ante Macedonia e Andorra

Dudú Aouate, o porteiro menos batido do ano 2007 na Primeira División, foi citado pola súa Selección Nacional, Israel, para participar en dous partidos oficiais clasificatorios para a Eurocopa 2008, o 2 de xuño ante Macedonia e o día 6 dese mes ante Andorra. Ademais de Aouate foron convocados Andrade con Portugal, para medirse a Bélxica en partido oficial e Kuwait nun choque amigable; Estoyanoff para enfrontarse con Uruguai a Australia o 2 de xuño nun partido de preparación da Copa América; De Guzman para xogar con Canadá a Golden Cup en Miami(Estados Unidos) ante Costa Rica (6 de xuño), Guadalupe (9 de xuño) e Haití (11 de xuño); e Bodipo para dous choques oficiais valedoiros para a Copa de África Ghana 2008 ante Ruanda en Kigali (2 de xuño) e fronte a Liberia en Monrovia o 17 de xuño.

23/05/2007 21:36

Por outra banda, Adrián está concentrado xa coa Selección Española Sub-19 para disputar un Mini Torneo de Elite en Noruega ata o 5 de xuño; e Fabricio e Barragán están preconvocados para disputar o Campionato do Mundo Sub-20.

Máis novas de: ANDRADE, DUDU AOUATE, DE GUZMAN, ESTOYANOFF, ADRIÁN