RCD / NOVAS

Edu Expósito, traspasado á SD Eibar

13/07/2019 14:00

O Real Club Deportivo, a SD Eibar e Edu Expósito chegaron a un acordo para o traspaso do centrocampista catalán ao equipo armeiro.

Deste xeito ponse fin a esta etapa de Edu defendendo a camiseta do Dépor onde conseguiu facerse un futbolista importante tanto no Fabril como no primeiro equipo. O Real Club Deportivo quere agradecer sinceramente a Edu estes anos de traballo, esforzo e defensa dos valores do Club, desexándolle toda a sorte no profesional e no persoal nesta nova andaina en Primeira División.

Máis novas de: EDU EXPÓSITO