RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mario Soriano móstrase "moi contento, moi feliz, moi ilusionado por este ano"

Mario Soriano manifestou esta mañá en rolda de prensa en Abegondo que estas primeiras semanas como xogador do Dépor "foron moi boas. Estou moi contento, moi feliz, moi ilusionado por este ano".

Confesa estar sorprendido polo gran ambiente do pasado sábado en ABANCA-RIAZOR ante o CD Badajoz: "Non esperaba o que vivín o outro día por primeira vez en ABANCA-RIAZOR, que o vivín no Vicente Calderón e xa me parecía unha pasada. É unha marabilla e cando o vives de futbolista é outro mundo".

Sobre a súa participación no xogo, o atacante deportivista tamén ten "sensacións moi boas. Hai que aproveitar todos os minutos que me dea o míster. O que xogue dalo todo para que o míster poida contar comigo cando faga falta".

Explica que séntese cómodo "xogando por dentro, asociándome co equipo, tendo a posesión. Ao final a posición no campo pode variar, depende do futbolista que xogue. Por exemplo William é máis extremo; Doncel igual, é máis aberto á banda; Quiles sempre se mete cara adentro. Eu podo xogar no medio ou na banda pero gústame meterme cara adentro, asociarme e ter o control do balón para poder dar o último pase ou meter gol".

Reitera que elixiu ao Dépor porque "é un Club histórico, moi grande, que na categoría que está non se merece estar. Sempre estivo en categorías superiores, en Primeira e xogou Champions League. E o Atlético de Madrid estaba nunha categoría inferior. Teño que dar ese paso para crecer como futbolista. Tamén falei con Josep Calavera, que me dixo que o equipo era moi bo, que este ano vai ser un ano moi grande".

Este domingo 26 de setembro (12:00 horas, Footters) no Estadio Reina Sofía ante o Unionistas de Salamanca CF espera un partido "como todos nesta categoría, moi complicado. Xogamos en céspede artificial ao que non estamos afeitos. Eu por esa parte o ano pasado sempre adestraba en céspede artificial e moitas veces xogaba".

Advirte que o Unionistas de Salamanca CF "vai saír a apertarnos. Vai ser un partido moi complicado. Temos que levalo ao detalle porque pola mínima podemos perder ou gañar. Todos os detalles marcan a diferenza. Se gañamos será unha diferenza leve, pero que tamén xa se marca".

Finalmente, do sufrido a temporada pasada no filial do Atlético de Madrid, Mario Soriano saca como principal ensino que "nos primeiros partidos, cando perdes, ganas ou empatas non lle dás importancia. E ao final, cando acaba a temporada, botas a mirada atrás e dis 'o partido este que perdín no último minuto, o empate aquel...' Desde o primeiro partido tes que darte conta de que si que é moi longo, pero que en nada se acaba e non podes botar a mirada atrás. Tes que seguir adiante e sacar os máximos puntos posibles".