RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA exhibe artillaría antes da cita en Oviedo

09/12/2018 14:24

O Deportivo ABANCA exhibiu (12-0) en Abegondo ante o SCD Atlántida de Matamá, en partido correspondente á 12ª xornada, toda a súa artillaría de cara á seguinte cita, o encontro en Asturias ante o Oviedo Moderno CF, o gran rival polo título e a praza para a fase de ascenso á liga Iberdrola.

As viguesas, que se presentaron na Cidade Deportiva como quintas na táboa do grupo 1º de Segunda División Nacional, apenas puideron frear a avalancha ofensiva branquiazul.

Teresa -2- (o primeiro ao minuto e medio de xogo), Yamamoto, Alba Merino -3-, Peke, Gaby -3- e Ali Muñoz -2- foron as goleadoras deportivistas nun choque que quedou visto para sentenza na primeira media hora.

Deportivo ABANCA: Miralles, Cris, Erika, Miriam, Silvia Mérida, Iris, Teresa, Alba Merino, Yamamoto, Gaby e Peke. Tamén xogaron: Ali Muñoz, Michelle Romero, Kika e Patri Díaz.

A próxima semana hai parón de liga polos compromisos das seleccións territoriais. O sábado 22 de decembro, o Deportivo ABANCA visita ao Oviedo Moderno CF, na primeira gran batalla da temporada.

Despois de 12 partidos, ambos os equipos marchan na cabeza con 34 puntos, aínda que a diferenza de goles a favor e en contra é superior claramente ao Deportivo ABANCA: +69 por +46 do Oviedo Moderno Cf.

A campaña transcorre así para o equipo que prepara Manu Sánchez:

Deportivo ABANCA 2 (Lía e Peke) - PM Friol CD Lugo 2
Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA 7 (Teresa, Michelle Romero, Peke, Iris, Lía, Gaby e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 9 (Peke, Érika, Teresa, Iris -3-, Silvia Mérida e Kika -2-) - CD Monte 0
Atlético Arousana 0 - Deportivo ABANCA 8 (Érika, Peke, Teresa -2-, Gaby -2-, Carlota e unha futbolista rival en propia meta)
Deportivo ABANCA 5 (Gaby -2-, Miriam e Kika -2-) - CDE Rácing Féminas 1
Sporting de Gijón 3 - Deportivo ABANCA 4 (Michelle Romero -2-, Peke e Alba Merino)
Deportivo ABANCA 7 (Gaby -5-, Alba Merino e Érika) - Gijón FF 0
CD Valladares 0 - Deportivo ABANCA 5 (Michelle Romero, Ali, Nuria Rábano -2- e Peke)
Deportivo ABANCA 8 (Ali Muñoz -2-, Kika -2-, Gaby, Alba Merino, Erika e Yamamoto) - CD Oceja 1
Victoria FC 0 - Deportivo ABANCA 4 (Alba Merino, Gaby e Peke -2-)
Deportivo ABANCA 5 (Peke, Yamamoto, Alba Merino, Gaby e unha futbolista rival en propia meta) - Sárdoma CF 0
Deportivo ABANCA 12 (Teresa -2-, Yamamoto, Alba Merino -3-, Peke, Gaby -3- e Ali Muñoz -2-) - SCD Atlántida de Matamá 0