RCD / NOVAS

O fabrilista Sam Piette, citado por Canadá para dous partidos en xuño e a Copa de Ouro en xullo

  O fabrilista Sam Piette foi convocado por Canadá para disputar dous partidos clasificatorios para o Campionato do Mundo no mes de xuño e a Copa de Ouro da CONCACAF en xullo, en Estados Unidos.

07/05/2015 20:06

Os partidos programados son os seguintes:

-11 de xuño: DOMINICA - CANADÁ (clasificatorio para o Mundial) en Roseau
 
-16 de xuño: CANADÁ - DOMINICA (clasificatorio para o Mundial) en Toronto
 
-Copa de Ouro da Concacaf, co seguinte calendario:
 
9 de xullo: O SALVADOR - CANADÁ
12 de xullo: XAMAICA - CANADÁ
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA
 
O futbolista deberá incorporarse á concentración da súa selección en Orlando (Estados Unidos) o 7 de xuño, en plena fase de ascenso a Segunda División B do Fabril. Permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).
 
Costa Rica comunica ao Dépor varios compromisos internacionais de Borges
 
A Federación Costarriqueña de Fútbol comunicou ao Deportivo que Celso Borges ten varios compromisos internacionais coa selección de Costa Rica ao finalizar a liga. Son os seguintes:
 
-6 de xuño: COSTA RICA - COLOMBIA, en Arxentina
 
-11 de xuño: ESPAÑA - COSTA RICA, en España
 
-27 de xuño: COSTA RICA - MÉXICO, en Estados Unidos
 
-Copa de Ouro da Concacaf, en Estados Unidos, con este calendario para Costa Rica na Primeira Fase:
 
9 de xullo: COSTA RICA - XAMAICA
12 de xullo: COSTA RICA - O SALVADOR
15 de xullo: CANADÁ - COSTA RICA
 
O futbolista deberá incorporarse á concentración da súa selección antes do 30 de maio. Permanecerá concentrado ata que finalice a súa participación na Copa de Ouro, cuxos partidos definitivos serán o 18 e 19 de xullo (cuartos de final), o 22 de xullo (semifinais), o 25 de xullo (final de consolación) e o 26 de xullo (final).

Máis novas de: BORGES