RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Osasuna e Dépor ABANCA reflicten no marcador a igualdade no campo (2-2)

O primeiro duelo otoñal, con choiva intensa durante as horas previas e o partido e con temperatura fresca, disputouse nun bo terreo de xogo nas instalacións rojillas de Tajonar. Con respecto ao partido de hai unha semana e un día en Abegondo, Miguel Llorente introduciu a Laura Fernández pola lesionada Alba Merino e arriba a Aroa Guerra por Adule. O resto, o mesmo once que venceu in extremis en casa ao Sporting de Gijón.

A primeira parte o dominio foi fundamentalmente Deportivista nun choque, como se prevía de inicio, tremendamente igualado. Custou facer ocasións, como a primeira que tivo Laura Fernández cun disparo alto coa zurda. Ambos os equipos presionaban ben e alto co que a construción do xogo era complicada e obrigaba a disparos afastados como o que probou Raquel García. A primeira intervención de mérito dunha das gardametas chegou case no 30 cun caneo e posterior disparo de Ainhoa. Laura tamén a tivo á media hora após dous bos caneos ou a propia Ainhoa nunha oportunidade que acabou en córner. Aínda que a máis próxima foi para María Ruiz, que acabou estrelando o balón no traveseiro.

Xusto cando máis claridade estaba a ter o Dépor ABANCA para pisar con perigo área rival chegou o primeiro tanto local por mediación de María González, que culminou a ofensiva pamplonica cun recorte na frontal e posterior disparo para asinar o 1-0. O gol de Osasuna non fixo cambiar a mentalidade do Dépor ABANCA que seguiu buscando o gol, agora o do empate. Un balón de Aroa que se paseou pola área non atopou rematadora no prólogo ao tanto da igualada. De novo María Ruiz exhibiu o seu talento no balón parado para desde tres cuartos de campo volver meter ao equipo no partido co gol que supuña o 1-1 antes do descanso.

A igualdade que se manifestou nalgúns tramos do primeiro tempo foi a tónica dominante da segunda. O xogo colectivo en defensa de ambos os conxuntos foi capaz de neutralizar a práctica totalidade das ocasións do corenta e cinco minutos definitivos. Nin Silvia nin Ana Valles tiveron que mostrar as súas mellores calidades, aínda que se protagonizaron intervencións para pór o punto final a ese bo traballo defensivo das súas compañeiras. Con esta situación sobre o terreo de xogo houbo que esperar a que o talento individual dalgunha das futbolistas desequilibrase o choque. E esa solución chegou para o Dépor nas botas de Laura Fernández, que celebraba a súa recuperación e a súa primeira titularidade cun gol importante, o que supuña o 1-2. Un balón recibido entre liñas que se acomodou para a zurda e meteu cruzado na portería osasunista.

A propia Laura deixou o seu sitio a Adule un minuto despois nos movementos de banco que buscaban darlle outra cara ao partido, pero esta apenas mudou. O Dépor ABANCA soubo conter as acometidas de Osasuna buscando o empate e tentou á contra sentenciar o partido. Non chegaron máis ocasións claras até a prolongación no que as locais si conseguiron, por mediación de Patri Zugasti, devolver a igualada ao marcador. Ambos os equipos dispuxeron no desconto, a balón parado, da súa oportunidade para levar o tres puntos, pero nin o córner a favor do Dépor ABANCA nin a falta que pechaba o partido para Osasuna, acabaron no fondo da portería.

Após visitar Pamplona, o Dépor ABANCA mantense unha semana máis invicto, aínda que deixa de sumar por vitorias os seus partidos a sete días vista de recibir ao Zaragoza CFF en Abegondo.

Osasuna: Silvia, Fresneda (Torras, min. 85), Josune, María (Ochoa, min. 61), Patri Zugasti, Herrero (María Blanco, min. 85), Lara, Leyre, Vilariño (Amancay, min. 61), Anita (Vanessa Rodríguez, min. 71) e Aitana

Dépor ABANCA: Ana Valles, Cris Martínez, Raquel García, Inés Altamira, Goretti Neira, Paula Gutiérrez, Jone Ibáñez, Laura Fernández (Adule, min. 76), Ainhoa Marín (Carlota, min. 68), María Ruiz e Aroa Guerra (Ale Serrano, min. 79)

Goles: 1-0 María González (min. 32); 1-1 María Ruiz (min. 41); 1-2 Laura Fernández (min. 75); 2-2 Patri Zugasti (min. 90+1)

Árbitro: Azcona Aizcorbe (c. Navarro). Amoestou a Josune (min. 53), Leyre Fernández (min. 63), Urbani (min. 83) e Cris (min. 90+5)

Incidencias: Partido da 4ª xornada de Reto Iberdrola disputado na Cidade Deportiva de Tajonar