RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Pepe Mel apunta que o Dépor "competiu ben e foi xusto vencedor"

Pepe Mel, en rolda de prensa, cualificou o Trofeo Teide como "unha proba importante para nós", co Real Madrid xa ao virar a esquina, o domingo 20 de agosto (22:15 horas, Movistar Partidazo) no Estadio ABANCA-RIAZOR.

Cre que o Dépor fixo esta noite "un partido serio". É máis, incide o técnico deportivista que "competiu ben e foi xusto vencedor".

Preguntado pola prensa tinerfeña sobre a situación de Borja Valle, ante un interese do CD Tenerife, Pepe Mel confirmou que o atacante berciano "non sae", e, por conseguinte, queda na Coruña.