RCD / NOVAS

Pepe Mel: "O equipo vai a máis, vai collendo pouso"

22/10/2017 14:22

Pepe Mel manifestou esta mañá na sala de prensa do Estadio ABANCA-RIAZOR que "tentaremos compartir esforzos" nunha semana con dous partidos de LaLiga e un de Copa do Rei.

Iso si, recoñeceu que "ter máis aló de 22 fichas profesionais é un problema. Non soamente sucedeu iso senón que temos a 4 porteiros por un posto. Iso vai levantar o nivel seguro, vai levantar a competencia. Espero que o único beneficiado sexa o Deportivo".

Explica que a súa tarefa como adestrador "é o día a día. Tentar traballar o mellor posible, ter aos futbolistas preparados, ter aos xogadores contentos, que é unha das claves. É difícil cando é un grupo tan extenso como este. O día a día é o que me ocupa e preocupa. A partir de ahí isto é un xogo".

Ve ao equipo que "vai a máis. Vai collendo pouso. Mañá será a xornada 9ª, bo momento para que o equipo vaia aumentando as súas prestacións".

Do Girona, rival mañá luns 23 de outubro (21:00 horas, Gol TV), di Pepe Mel que é "un bo rival, coas súas cousas. Conseguiu un ascenso meritorio á Primeira División. Mantén as mesmas pautas que tiña estes anos en Segunda e fai as cousas ben".

Explica que o conxunto catalán "ten unha personalidade propia. Xoga con tres centrais moi definidos, dous carrís longos e logo con dous medioscentros. Non é ofensivo nin defensivo. É un rival que ten unhas virtudes moi claras, unha delas é o balón parado".

Preguntado por Francis e a súa irrupción no primeiro equipo, o técnico deportivista cre que é debido "a un cómputo de moitas cousas. Francis é un xogador que ten moitas cualidades, potencialmente víanselle. E tivo a sorte de atopar un adestrador que non lle importa a idade nin lle importa xogársea".

A continuación, repasou Pepe Mel a listaxe de futbolistas aos que fixo debutar no fútbol profesional: "Vadillo con 16 anos en Primeira División, Beñat en Primeira División, Pozuelo en Primeira División, Adrián en Primeira División; igual que no seu día Arribas e Lucas Pérez subinos do Rayo Vallecano B ao Rayo A. Iso é xogársea. Se o mozo responde, magnífico, senón o que queda mal é o adestrador".

Máis novas de: PEPE MEL