RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Sergio: Está claro que non estamos no mellor momento

Sergio, un dos capitáns do Deportivo, compareció esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol. "Está claro que non estamos no noso mellor momento", se sinceró o centrocampista catalán en víspe

Quixo deixar claro ademais que "Europa foi unha obrigación para vós, os medios. O equipo non está planificado para entrar en Europa e si para pasar unha tempada tranquila. Logo, se vén o premio, pois mellor". Cre que "todos asinásemos chegar a estas alturas da tempada con eses 42 puntos".

En canto ao partido deste mércores no Camp Nou, Sergio asegurou que o Barça "é un rival que está a un nivel moi alto. Desde logo vai ser moi complicado sacar algo positivo aínda que debemos de ir preparados a aproveitar as poucas opcións que podamos ter".

Sergio prometeu publicamente que o vestiario non vai baixar os brazos no sete partidos que restan ata o final: "Imos tentar sacar o máximo número de puntos posible. Este equipo quere gañar sempre e sobre todo en Riazor".

Por último, o "8" branquiazul manifestou a súa crenza a que finalmente a súa renovación por dúas tempadas "vai chegar a bo porto" e insistiu en que o único obstáculo agora mesmo "é a redacción dunha cláusula no seu contrato. Eu quero polo dunha maneira e o Presi (por Augusto César Lendoiro) prefire doutra". Desvelou que levan un tempo sen falar o seu pai e axente Avelino González e Augusto César Lendoiro, aínda que "queda moito tempo ao acabar a liga para iso".