RCD / NOVAS

Traballos de mantemento nos campos 1 e 4 de Abegondo

23/05/2017 20:05

Aproveitando o parón estival, o RC Deportivo acomete estes días traballos de mantemento nos campos 1 e 4 da Cidade Deportiva de Abegondo, os dous terreos de xogo que normalmente utilizan o Fabril e o Xuvenil A, respectivamente.

Calfensa Proyectos é a empresa encargada destes traballos. Calfensa Proyectos ten unha dilatada traxectoria na construción de instalacións deportivas e tras máis de 20 anos no mercado executando obras deste tipo (fútbol, golf, béisbol, tenis, pádel, atletismo,...), a pasada temporada o RC Deportivo tamén confiou na súa experiencia e profesionalidade para levar a cabo a recuperación dos campos 2 e 3 nos que adestra a diario o primeiro equipo.

Os técnicos están a proceder a un nivelado e resembrado, tarefas fundamentais dada a importancia que ten unha boa calidade de céspede para os encontros das competicións nas que participan o segundo equipo deportivista e o principal conxunto das categorías inferiores.

Estas tarefas farán que estes dous campos estean inoperativos para calquera actividade durante os próximos dous meses.