RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Vicente: "Comprometémonos co Club a acabar a temporada cando toque"

Un dos futbolistas con máis experiencia do vestiario deportivista, Vicente Gómez, pasou pola sala de prensa virtual do Real Club Deportivo.

Estas foron algunhas das súas frases.

Seguridade no protocolo
"O adestramento individual, sabendo que non hai nunca un 100 % asegurado, non ten moito perigo. É máis seguro que cando un vai ao súper a facer a compra. É máis seguro ir adestrar á Cidade Deportiva porque ademais estará todo ben preparado".

"Medo non pero uno si ten incerteza de como irán as cousas, de como será de aquí a mes e medio se é que se consegue baixar a curva. A ver se se vai quitando o virus da sociedade porque igual con esta desescalada pode haber algún rebrote e que nos afecte a algún de nós. A miña preocupación vai máis por aí. Aos xogadores vannos a ter controlados, igual a xente que vai estar en contacto connosco non tanto, pero igual un pouco. O problema vai ser cando xogues contra xente doutras cidades. Imaxínome que todo dependerá de como irá indo a desescalada, se hai algún contaxio e se nestes momentos que se está tentando recuperar a actividade económica non hai contaxios, pode estar controlado. Falar de control é imposible porque estamos a vivir unha situación que ninguén coñece. Eu vivo non con medo pero si con incerteza porque poñer datas é complicado. Pero todos debemos empezar un pouco a normalidade e unha boa maneira é facelo con adestramentos individuais para ir quitando esa pequena incerteza".

¿Precipitada a volta ou hai que acabalo como sexa?
"Non están seguras as datas. Primeiro hai que facer uns test e logo, segundo os resultados, empezar a adestrar. Todos temos ganas de saír de casa. Eu adapteime ben á situación. Agora recuperar esa normalidade dáme un pouco de incerteza e son consciente doutra banda que hai que acabar a liga. Pero non sei se cos prazos tan pechados que nos marcamos porque non sabemos como vai ir evolucionando o virus. Igual con esta desescalada por fases hai algún rebrote e non sei que vai pasar co fútbol. Pero como calquera actividade, hai que ir aos poucos retomándoa".

"Son partidario de acabar a liga pero non sei se marcarnos prazos vai ser bo. Igual se non somos capaces de chegar a eses prazos precipitaranse acontecementos con decisións que igual non hai que tomar. Hai que pensar en acabala pero no momento xusto, que non sei cando será. Con tanta xente como segue falecendo igual é complicado pensar que hai que empezar a liga canto antes".

Información do Club dos adestramentos individuais
"Álex, o capitán, trasladounos ao cadro que entre o 5 e o 7 está previsto que se pasen os controis. Esta mañá hai unha reunión importante entre todas as partes implicadas e de aí sairán datas máis concretas. En 48 horas teriamos os resultados do test e se todo sae ben, empezar a adestrar a próxima semana".

Estado físico
"Adestrar en casa é raro porque facemos cousas ás que non estamos adaptados. O Club proporcionounos unha bici e diferentes materiais. Eu tamén tiña en casa un pouco de material. Un tenta coa axuda dos adestramentos do Club estar en forma. Pero está claro que é imposible valorar en que estado estou. Coideime moitísimo, traballei todo o que me marcou o Club. Pero agora terá que ser como unha pretemporada desde o principio. Ao final non poder correr, facer situacións de fútbol, volver a ese traballo cognitivo que ten o fútbol será complicado. En canto a nivel físico de forza, resistencia estou ben porque nos machucamos bastante. Manuel Pombo mandounos moitísimas tarefas pero a parte que ten que ver co fútbol viuse moi condicionada. Todo é cuestión de poñerse a iso".

Titular un partido con Fernando Vázquez
"Estaba nun bo momento nos últimos partidos do ano. A mágoa foi que me sacaron a última amarela contra o Tenerife en ABANCA-RIAZOR e empecei cun déficit. Daquela o míster veu cunha maneira de crecer que repetiu co repregamento, non deixar espazos. E foi atopando un grupo de xogadores que entendía mellor preparados para facer iso. Non atopei sitio. Hei ir traballando, facéndolle ver que eu tamén podía cumprir con esas características. Cando chegamos ao parón, el mesmo dicía que era o momento de ir dando un pequeno cambio a outras cousas, buscar aos poucos dominar no xogo. Até aí estaba a ver que podía ter máis oportunidades. Agora todo iso cortouse. Eu vivíao coa tranquilidade de que estaba a traballar moi ben".

"Eu estou centrado en traballar e que el vexa que pode contar comigo para todo: para tentar dominar o xogo ou para que non nos fagan ocasións".

Fases de desescalada no fútbol
"Teño dúbidas, teño incerteza porque é un virus que ninguén coñece. Non se sabe se hai inmunidade á xente que o pasou, a xente que hai asintomática. Xera incerteza facer especulacións ou formulacións de aquí a un tempo".

"Hai que tomar decisións, non nos podemos quedar eternamente en casa. Falouse dun calendario pero non sei se será flexible, se hai contaxios como será. Agora máis que nunca non pensar tanto no futuro senón no día a día. O meu día a día da próxima semana vai ser moi seguro porque na Cidade Deportiva non hai perigo. Hai máis perigo indo facer outras actividades como ir comprar. Logo irase vendo se nesa desescalada outros traballadores que teñen contacto con máis xente vaise infectando ou non para ver en que momento está o fútbol. Se existe unha segunda onda pensar no fútbol sería unha insensatez".

Posición ante os contaxios
"Incerteza. Non sei que pasará no futuro. É un virus que non coñecemos. Facer plans a longo prazo é complicado".

"Para empezar a competir a miña opinion é que non deberiamos pecharnos en datas porque igual é mellor trasladalo un par de semanas máis adiante ou se vemos que hai contaxios tense que volver parar de novo un pouco".

"A miña opinión é ir empezando aos poucos con adestramentos individuais; e co que nos vaia transmitindo a sociedade cos seus contaxios ir pasando a adestramentos grupales; e de aí a competición. Son partidario de xogar pero non de pechar unhas datas".

Data concreta de empezar a adestrar
"Día a día concreto non teño. Entre o 5 e o 7 xa nos dirán cando e como hai que pasar un test e en 48 horas temos os resultados. A partir de aí xa nos dirán cando se empeza a adestrar. É normal este baile de datas porque é unha situación nova para todos".

Día a día no confinamento
"Pensaba que me ía a custar máis. En casa adaptámonos moi ben. Teño unha rutina moi marcada, parecida ao que facía co equipo. Teño todo moi pautado. Veume ben facelo así, ter as miñas rutinas, comidas, adestramentos, horas de descanso. Entre tanta cousa que fixen nova case quedo sen tempo".

Folla de ruta para acabar a liga
"Hai moitas incógnitas porque saen moitas informacións. Nós, os futbolistas, é importante coller un pouco con pinzas o que vai saíndo. Estamos nunha situación nova".

"Temos claro que a próxima semana pasaremos un test. Unha vez que coñezamos os resultados empezaremos a adestrar individualmente. E aos poucos que os médicos, Sanidade, CSD, AFE, LaLiga, Federación váianse poñendo un pouco de acordo e ir avanzando aos poucos".

"Persoalmente non lle fago moito caso aos calendarios que se van sacando porque con este virus poñer datas non serve para nada".

Xogar ou non xogar
"Son partidario de xogar cando toque. Non sei dicirche cando toca xogar. Mañá non xogaría porque a situación con tanta xente contaxiada non é viable. De aquí a mes e medio, dous meses e medio, ou tres si se poderá xogar. Ten que ser da man, ir camiñando aos poucos e ir vendo a situación".

Volta aos adestramentos e á competición case no verán
"Hai unha decisión de volver xogar e é acertada. Son partidario de xogar no verán pero non precipitarse, tomarse as cousas en calma. Comprometémonos co Club a acabar a temporada cando toque. Se toca xogar en agosto, xogamos en agosto; se toca en setembro, setembro. Non precipitarnos en querer correr antes que andar".

Solución ao campionato se non se pode xogar
"Antes de chegar á conclusión de que non se pode xogar hai que alargar o máximo posible os prazos. Son partidario de acabar a liga sempre no campo. E se non se pode xogar, pois non o sei. Todo o mundo vai saír descontento. Cada un tirará polos seus intereses. A miña opinión é que se deberían de producir premios pero non castigos: ascensos e non descensos. Que temos que xogar a próxima temporada 24 equipos en Segunda pois é un esforzo, e en Primeira 22. Pero é unha hipótese e non sei o que pasará".